COMPOSTELA. Festa presentación SonRías Baixas 2020.

today Sábado, 21 de marzo de 2020

today Sábado, 21 de marzo de 2020
access_time Apertura: 20:30h Inicio: 21:15h
place Sala Capitol - Rúa de Concepción Arenal, 5, 15702 Santiago de Compostela, A Coruña, España

today COMPOSTELA. Festa presentación SonRías Baixas 2020.

O Festival SonRías Baixas -que celebrará a súa 18ª edición os 30, 31 de xullo e 1 de agosto en Bueu- espállase esta primavera por toda a xeografía galega, celebrando festas de presentación ao longo do mes de marzo en A Coruña, Santiago de Compostela, Vigo, Ourense, Lugo, Bueu e Mos, ademais de en Ponferrada e en Porto.

As festas, que tomarán na primavera as salas de concertos das principais cidades galegas, achegarán a outras cidades e vilas algunhas das propostas artísticas que xa son himnos do festival, como aos Dakidarría -que son unha das bandas que máis veces pisou os escenarios do SonRías e que sempre tivo unha resposta espectacular por parte do público- presentando a súa proposta en acústico e Muyayo Rif, que foi a gran sorpresa da pasada edición; ou unha das propostas de world musicmáis interesantes do país, García Mc & Nación Quilombo, que estará en agosto no festival e Ninhodelosrecaos Dj, un dos líderes de La Pegatina que cada ano ofrece en Bueu a súa versión máis desenfadada e bailable coas súas míticas sesións. Tamén pasarán polas festas do SonRías Baixas SonDaRúa, claro exemplo dunha formación nacida nas redes sociais que desenvolveu un directo de gran calidade e contundencia e que presentarán un avance do seu novo traballo, que verá a luz en abril, e os Poetarras, o colectivo músico humorístico que reaparecerán -unha vez máis- ao calor do festival de Bueu, pero esta volta en Compostela.


MENORES  DE IDADE

O acceso á Sala Capitol está prohibido para os menores de 18 anos salvo que estes estean debidamente autorizados polo seu titor legal e accedan ao interior do recinto acompañados dun adulto responsable.

Es menor de idade e queres acceder a un concerto na Sala Capitol?

Para poder acceder a un concerto sendo menor de idade é necesario contar coa autorización escrita do titor legal, ademais será necesario que o menor acceda ao recinto acompañado dun adulto responsable que o acompañará en todo momento (non necesariamente o seu titor legal, pode ser un familiar ou simplemente un amigo ou amiga).

Que hai que facer para autorizar a un menor de idade?

Para autorizar a un menor de idade é necesario que o seu pai, nai ou titor legal encha un formulario de autorización, devandito formulario está dispoñible no seguinte link:

Formulario de autorización

Que documentación necesítase?



AS FESTAS DO SONRÍAS:

Xoves 5/3/2020 - García Mc & Nación Quilombo + SonDaRúa Maus Hábitos (Porto)
Xoves 12/3/2020 - SonDaRúa  + Ninhodelosrecaos DjSala Máster (Vigo)
Venres 13/3/2020 - Ninhodelosrecaos Dj + García Mc & Dj Mil  - Café Cultural Auriense  (Ourense)
Sábado 14/03/2020 - SonDaRúa + García Mc & Nación Quilombo + ninhodelosrecaos DjSala Aturuxo (Bueu)
Mércores 18/3/2020 - Dakidarría en acústico + Muyayo RifClub Clavicembalo (Lugo)
Xoves 18/3/2020 - Muyayo Rif + Dakidarría en acústicoSala Garufa (A Coruña)
Venres 20/3/2020 - Dakidarría en acústico + Muyayo Rif Sala Rebullón (Mos)
Sábado 21/03/2020 - Muyayo Rif + PoetarrasSala Capitol (Santiago de Compostela)
Sábado 21/03/2020 - Dakidarría en acústico + SonDaRúa Sala La Vaca (Ponferrada)


info Entradas no disponibles (el evento finalizó el 21/03/2020)

date_range Próximos eventos de Play Plan Cultural SLU

closeUtilizamos cookies propias y de terceros para ofrecerte un mejor servicio. Si continúas navegando, consideramos que aceptas su uso. Puedes obtener más información en nuestra política de cookies.