MOSCA

today Del 15 al 16 de abril de 2023

today Del 15 al 16 de abril de 2023
place Sala Ártika - Av. da Beiramar, 113, 36208 Vigo, Pontevedra, España

today MOSCA

Entradas para o espectáculo “MOSCA - ÁRTIKA CÍA” na Sala Ártika de Vigo.

Data: sábado 15 e domingo 16 de abril de 2023

Hora:

sábado 15 de abril ás 20:00h

domingo 16 de abril ás 20:00h

Recinto: Sala Ártika

Prezo:

Venta online: Entrada Anticipada: 10 € + gastos de xestión

En taquilla: Entrada Xeral: 14 €

Idades recomendada: + 12 anos

Duración: 60 min

Entradas para o espectáculo “MOSCA - ÁRTIKA CÍA” o sábado 15 e domingo 16 de abril na Sala Ártika.

SINOPSE:

Mosca é un xogo de nenos, algo que pode converterse nun pesadelo.

A obra narra a historia de Pedro, un neno de dez anos que sofre acoso escolar. Pero vese reflectido nos ollos da súa nai, do seu pai e da súa profesora en calquera instante da peza.

Augurante e intensa, Mosca, somérxese na vida dun neno e que é o que sente sufrindo bullyng, pero tamén no tempo, nos prexuízos e no non saber que facer e como pode solucionalo o entorno no que se desenvolve Pedro. O acoso escolar é un dos problemas graves da nosa sociedade actualmente. Mosca é un proxecto que fala sobre o entorno dos nenos a través da súa familia e da escola.

A impotencia de non saber o que facer e a falta de información ao non detectar o problema a tempo, a ausencia , o amor, a compaixón e o acoso.

 

As entradas para o espectáculo “MOSCA - ÁRTIKA CÍA” na Sala Ártika de Vigo teñen un prezo de 14 € ou 10 € + gastos de xestión.


 

date_range Próximos eventos de Artika

closeUtilizamos cookies propias y de terceros para ofrecerte un mejor servicio. Si continúas navegando, consideramos que aceptas su uso. Puedes obtener más información en nuestra política de cookies.