Enterticket

Culturgal 2020 | ONS, de Alfonso Zarauza. Con Chicharrón ao vivo antes da proxección

Event Header

ENTRADAS

Información

Entradas no disponibles. El evento ha finalizado.

INFORMACIÓN

Event Card
Culturgal 2020 | ONS, de Alfonso Zarauza. Con Chicharrón ao vivo antes da proxección

ONS, de Alfonso Zarauza. Con Chicharrón ao vivo antes da proxección.

19:00. Ons. 2020. Director: Alfonso Zarauza. Maruxiña Film Company, Bando à Parte. Intérpretes: Melania Cruz, Antonio Durán 'Morris', Xúlio Abonjo , Anaël Snoek, Marta Lado.  Duración: 87 minutos. O paraiso agreste da illa atlántica de Ons, cuns poucos habitantes dispersos entre o verdor e os acantilados, exerce como un polo magnético na vida dun grupo de persoas. Vicente e Mariña chegan para pasar o verán alí: el ven dun accidente e as súas consecuencias psicolóxicas, e a estadía na illa ten que ser un bálsamo para o matrimonio. A medida que os días van volvéndose borrascosos, segredos gardados empezan a aflorar, e unha muller estranxeira aparece desmaiada na beira do mar. Unha enigmática irrupción que terminará de espallar un influxo innomeable nas súas vidas. Nas palabras do seu director, Ons é unha película “moi enigmática, poderosa e fermosa, tanto a nivel estético, fotográfico, colorista e plástico, como a nivel conceptual, discursivo”. A súa premiere mundial, quince días antes da Culturgal, no Festival de Cine de Sevilla na sección Historias Extraordinarias. Selección Oficial Special Screen.

Coa participación do director e reparto. 

Antes do pase de Ons, miniconcerto de Chicharrón, a banda autora do tema musical principal de “Ons”. A banda fórmase a principios do 2014 en Carballo. En xuño dese ano editan o seu primeiro álbum "Chicharrón" (Prenom, 2014). Tras unha moi boa acollida deste traballo, en marzo do 2016 editan o seu segundo disco, Postal (Prenom, 2016) no que trocan as guitarras acústicas por eléctricas e o castelán polo galego. En marzo de 2017 editan o single "Contra acantilados" e en setembro "Na cela”. Acaban de anunciar a próxima saida de “Unha fogueira intacta”. Chicharrón son: Alberto Vecino (voz e guitarra),  Mara Pérez (voz), Xurxo Meis (batería), Diego Gende (guitarra), Mar Catarina (teclados) e Rubén Domínguez (baixo).

Espazo Cinema. Salón de Actos do Pazo da Cultura
27 nov 2020
ProvinciaPontevedra
Recinto
Espazo Cinema. Salón de Actos do Pazo da Cultura
DirecciónRúa Alexandre Bóveda, 36005 Pontevedra, España
Horario
HorarioApertura 18:45 h - Inicio 19:00 h
Organiza
Público

OTROS EVENTOS