Enterticket

Ópera Folc María Soliña

Event Header

ENTRADAS

Información

Entradas no disponibles. El evento ha finalizado.

INFORMACIÓN

Event Card
Ópera Folc María Soliña

MARÍA SOLIÑA, UNHA ÓPERA FOLC GALEGA



Nacho Mañá, compositor

María Soliña tiña setenta anos cando en 1621, catro anos despois da desfeita de Cangas polos corsarios berberiscos foi denunciada e procesada polo Tribunal da Inquisición de Santiago sendo torturada durante días. Ao final foi reconciliada mediante o escarnio do paseo e confiscados tódolos seus bens que era o único obxectivo que había detrás deste proceso, promovido polos poderes burgueses e eclesiásticos para poder recuperarse da desfeita económica do asalto turco.  

Esta composición, inspirada na obra teatral de Xosé Manuel Pazos, é unha obra interdisciplinar que fusiona a música clásica e a música tradicional, así como os dous tipos de vocalización presentes. No ámbito da música tradicional predomina esta vocalización híbrida, a medio camiño entre o canto e a fala, como pode observarse na interpretación de cantigas populares e regueifas. Na música clásica, polo contrario, predomina unha técnica vocal moito máis depurada e totalmente afastada das idiosincrasias da lingua falada, ata tal punto que ás veces custa moito comprender con claridade o significado do texto durante as interpretacións musicais. E que mellor maneira de acadar este ambicioso obxectivo que tomar como punto de referencia a ópera, que dende as suas orixes a finais do século XVI medrou sempre baixo o amparo de círculos aristocráticos e elitistas, e ‘folclorizar’ este xénero dramático de maneira que chegue a un público máis amplo sen perder a súa esencia artística.

A fascinante historia de María Soliña, profundamente afincada no folclore galego e ao mesmo tempo dotada dun gran potencial dramatúrxico, presentóuseme coma unha temática idónea para levar a cabo a miña proposta. O personaxe de María Soliña sería interpretado por unha soprano dramática, herdeira das protagonistas verdianas e wagnerianas. Pedro Barba, a súa vez, sería un tenor heroico, e o Inquisidor, un baixo dotado de gran versatilidade vocal e dunha ampla gama de rexistros, abranguendo arrebatos de xenreira, así como un ton máis persuasivo e unha espiritualidade contemplativa. A miña visión dramática precisaba a maiores dun personaxe novo, ausente na obra de Pazos, que focalizara ese sentimento de envexa ao ben alleo entre veciños e actuara como testemuña das acusacións de bruxería no xuízo, amosando logo un tardío arrepentimento ao decatarse das consecuencias dos seus actos. Ese personaxe é Sabela, unha muller da vila que sería interpretada sen embargo por un cantante masculino (contratenor), unha contradicción que salienta aínda máis o ton grotesco e a hipocresía que representa. Mentres estes catro personaxes reciben un tratamento operístico convencional e adoitan interactuar entre eles, acompañados pola orquestra de cámara, o bloque máis ‘tradicional’ está representado a súa vez polo Cego e o Coro, que están emparentados coa gaita, a zanfona e o tambor galego. Estes personaxes non están interpretados por cantantes, senón por actores cunha vocalización radicalmente oposta que se atopa a medio camiño entre o canto e a fala, en consonancia coa declamación vocal empregada no folclore galego, tal e como expuxen con anterioridade. Pero para acadar unha visión desa muller forte, empoderada que queríamos darlle a María Soliña na ópera contamos coa valiosa aportación de Chis Oliveira, filósofa e referente feminista: "María Soliña representa o medo á muller sen medo. Falar de María Soliña e falar de bruxas. A bruxa é unha icona feminista, un símbolo da liberación. Sempre estivo ligada ao subversivo que non se prega ás normas convencionais. Bruxas podemos ser todas, porque nosoutras somos as netas daquelas que queimaron e das que non puideron queimar.”


E finalmente, aquí temos o resultado desta dura e bonita batalla: un espectáculo escénico que foxe de calquera clasificación convencional e podería quizais bautizarse baixo o alcume de ‘ópera folc galega’.

Auditorio Gustavo Freire - Lugo
04 dic 2021
Recinto
Auditorio Gustavo Freire - Lugo
DirecciónParque da Milagrosa

OTROS EVENTOS