Enterticket

París de Noia no Milladoiro

Event Header

ENTRADAS

Información

Entradas no disponibles. El evento ha finalizado.

INFORMACIÓN

Event Card
París de Noia no Milladoiro

Texto descriptivo do evento

A Concellaría de Promoción Económica do Concello de Ames despide o último mes do AmesOn coa actuación da Orquesta París de Noia.

Como teloneiras, actuarán as gañadoras da primeira edición do concurso de karaoke “Canta con Ames”: Carmen Cuevas, Lara López e Noelia Bellas.

NORMATIVA A TER EN CONTA:

  • Cada solicitante poderá adquirir un máximo de 3 entradas
  • O acceso ao espectáculo habilitarase entre as 20.00 horas con límite ás 21.15 horas pola rúa Agro do Medio.
  • A acomodación realizarase por orde de chegada e a distribución de espazo será con asentos separados de xeito individual coa distancia regulamentaria vixente.
  • Non se permitrá a agrupación de cadeiras.
  • O público non poderá entrar ao recinto con bebida nin comida, só auga no seu envase orixinal.
  • As entradas serán válidas para todo o concerto; non se permitirá a saída e entrada no recinto durante o mesmo.
  • Non estará permitido fumar no interior do recinto.
  • Unha vez na butaca só se poderá circular polo recinto para acudir aos baños. Infórmase de que haberá baños químicos á disposición do público asistente e adaptados ás persoas con mobilidade reducida.
  • As persoas asistentes deberán manter a distancia de seguridade e usar cubrebocas.
  • O persoal de seguridade poderá expulsar a aquelas persoas que non cumpran as normas.
  • Os menores de idade deberán asistir sempre acompañados do seu titor legal ou dun adulto autorizado.
  • IMPORTANTE: O acceso ao recinto só se poderá realizar ata as 21:15. A partir de esa hora non se admitirán máis persoas no recinto e tampouco se poderá saír para volver a entrar.
Parking Agro do Medio
03 sept - 04 sept 2021
Recinto
Parking Agro do Medio
DirecciónRúa Agro do Medio, 15895 Milladoiro, A Coruña
Horario
HorarioApertura 20:00 h - Inicio 21:00 h
Organiza
Público

OTROS EVENTOS