Enterticket

PASAIA BITARTEAN

Event Header

ENTRADAS

Información

Entradas no disponibles. El evento ha finalizado.

INFORMACIÓN

Event Card
PASAIA BITARTEAN

Pasaia Bitartean é unha aproximación fílmica ao entramado urbano de Pasaia, municipio no que se ubica o principal porto comercial de Guipúzcoa. O seu tecido industrial e urbano creceu e estructurouse en torno á actividade do porto que, a partir da crise dos 70 e ata a actualidade, foi diminuíndo.

Ás veces para atravesar unha distancia ou adquirir perspectiva debemos atopar a forma de aboiar sobre ela, de esvararmos na dirección oposta do que imos a observar para facelo máis pequeno e abranguelo, ou ben estrelarnos coas pernas contra ese lugar, e percorrelo sen velo, camiñalo sen comprendelo nunca de todo. Navegar permítenos flotar, pasar ante os edificios e as persoas lentamente; pasar de longo, dun lado a outro, a dentro. Pasar. Pasear. Pasaia Bitartean é un paseo que nos axuda a ver a cidade. Fálanos da cidade escenario, da cidade cemiterio, que se autodestrúe reconstruíndose, cuxa memoria vai sedimentando sobre todo aquilo que xa non é o que foi. A cidade convértese así nun ente poboado de fantasmagorías que só existen porque quen vive nela viu os cambios e proxéctaos nos seus recordos a modo de veladuras e espectros de movemento, arquitectura e vida, tan mutante no urbano como na natureza. 

 

Abórdase a cidade como representación, e os edificios coma libros cuxas historias non se articulan mediante a palabra. Pero Pasaia sí emprega a palabra para falar da cidade. As cidadás falan dela. Compréndena dende a mirada e a expresión oral tanto como dende a experiencia. Na cidade todo pasa. É ao mesmo tempo un gran punto de encontro cheo de interseccións e unha gran librería silenciosa. En Pasaia a cidade atrápanos nun espazo reducido e abandónanos a un tempo inmenso - como observa un dos seus habitantes - a un tempo que percibimos pero non podemos comprender por completo, nin alonxarnos flotando del, navegando, para apreciar de lonxe o seu contorno.

 

O tempo da cidade, os seus tránsitos e as súas vidas, os seus ritmos e historias crúzanse neste paseo, atravesando Pasaia.

 

Irati Gorostidi 

Irati Gorostidi Agirretxe é cineasta licenciada en Belas Artes pola Universidade do País Vasco e ten un Máster en Estudos de Cine e Audiovisual Contemporáneos pola Universidade Pompeu Fabra. En 2018 recibiu unha beca Fulbright para realizar estudos de cine na New York Film Academy. 

É cofundadora e programadora do espazo cultural independente AZPI Kultur Elkartea. As súas películas formaron parte de numerosos festivais, entre os que destacan Punto de Vista, festival de Cine Español de Málaga, Mostra Internacional de Films de Dones de Barcelona, Festival de Cine Europeo de Sevilla, ou o Anthology Film Archives de Nova York.

 

Jonander Agirre

Jonander Agirre Miquelez é arquitecto pola Escola Superior d’Arquitectura de Barcelona e pola Kungliga Tekniska Högskolan de Stockholm. Actualmente combina a súa practica profesional como arquitecto con proxectos de deseño, edificación e urbanismo coa realización de proxectos de investigación, así como a xestión de AZPI Kultur Elkartea. 

En 2013 presenta o seu proxecto ‘Pasaia Bitartean: Herramientas para un Mientras Tanto constante’ como proxecto final de carreira, que obtén unha matrícula de honra e, en 2014, o premio HIC 2013.

En 2015 desenvolve xunto con Irati Gorostidi a película Pasaia Bitartean, estreada no Festival de Cine Europeo de Sevilla e en 2020 inicia o proxecto Covid Study Houses xunto con Ekain Olaizola, que devirá en publicación en 2021.

 

Pasaia Bitartean

Vídeo HD | son | cor | 51’ | 2016 | estrea galega

Pasaia Bitartean ten como punto de partida o proxecto de arquitectura que Jonander Agirre Mikelez realizou en 2013 baixo o mesmo título. A raíz da búsqueda doutras metodoloxías para pensar a cidade e os seus espazos comúns xorde a idea de articular este proxecto en código cinematográfico.

A película persegue a apreciación do presente de Pasaia e, á súa vez, pensa a urbe como continente de memoria. O traballo como actividade produtiva contraponse ao traballo como actividade museística; turistas que atravesan unha industria en decadencia como parte do traxecto dun cruceiro; ou bandas de hardcore que collen o relevo sonoro desa mesma industria conforman algúns dos elementos a través dos que esta película captura a paisaxe urbana e industrial de Pasaia.

Fundación Luis Seoane
30 oct 2021
ProvinciaA Coruña
Recinto
Fundación Luis Seoane
DirecciónRúa San Francisco, 27, 15001 A Coruña, España
Horario
HorarioApertura 16:10 h - Inicio 16:30 h

OTROS EVENTOS