Pipo Romero Trío na Casa das Crechas #GPS12

today Sábado, 1 de octubre de 2022

today Sábado, 1 de octubre de 2022
access_time Apertura: 20:30h Inicio: 21:00h
place Casa das Crechas - Vía Sacra, 3, 15704 Santiago de Compostela, La Coruña, España

today Pipo Romero Trío na Casa das Crechas #GPS12

Pipo Romero é a nova realidade da guitarra acústica en España, cunha mestura de estilos na que se fusionan o folk, o flamenco ou a música clásica así coma pinceladas celtas ou country que unidas cristalizan en melodías únicas cun son innovador. 

"IKIGAI" é o terceiro álbum de Pipo Romero que representa (como o propio concepto xaponés significa): a razón de ser e a motivación persoal do artista a través da súa propia obra, un norte, un sentido da vida. Este terceiro disco é unha oda aos folklores Españoles e o seu cruce cos folklores atlánticos, mais executado e composto cunha guitarra de cordas de acero en vez da tradicional guitarra española. Cheo de cores, matices, dende o máis puro e auténtico da raíz pero coas portas abertas cara múltiples fronteiras, tanto espaciais coma temporais.

Unha experiencia única para contemplar ao artista, gozar dunha viaxe musical chea de contrastes e cambiantes estados de ánimo que viaxan polo folk español, o flamenco e a música clásica a través dun único e innovador enfoque da guitarra acústica.

Pipo Romero guitarra
Alberto Martínez percusión
Alexis Lefevre violín



Máis info: www.piporomero.com

--------

Este concerto forma parte do circuito Girando Por Salas #GPS12


info Entradas no disponibles (el evento finalizó el 01/10/2022)

date_range Próximos eventos de Nordesía Producións

closeUtilizamos cookies propias y de terceros para ofrecerte un mejor servicio. Si continúas navegando, consideramos que aceptas su uso. Puedes obtener más información en nuestra política de cookies.