Enterticket

PLANETARIO INFANTIL I

Event Header

ENTRADAS

Información

Entradas no disponibles. El evento ha finalizado.

INFORMACIÓN

Event Card
PLANETARIO INFANTIL I

Dentro da sección Planetario INTERSECCIÓN conta este ano cunha serie de propostas audiovisuais que poden ser disfrutadas por tódolos públicos, en especial o infantil e o xuvenil, con pezas que presentan propostas dende o máis narrativo ao máis sensorial. 

  • Sesión Nenos I

Asya Dyro

Beautiful Baby Tilapia

Fulldome | son | cor | 4’ 41’’ | 2019 | estrea española

Esta historia trata sobre un pequeno peixe que nada nun gran río na procura da súa familia. De xeito simple e metafórico, a historia denuncia problemas ambientais.

Estes debuxos animados foron creados en colaboración coa Universidade de San Agustín de Tanzania e a Escola de Educación Primaria Nyamalango en Mwanza, Tanzania. Mentres que Asya estivo traballando como mestra de arte durante un mes na escola Nyamalango, experimentou con diferentes materiais e temas, e mentres xogaban, falaba coas súas alumnas e alumnos sobre a natureza, sobre os animais e a familia. Todos os debuxos da película están feitos polxs nenxs e, para algunxs delxs, foi a súa primeira experiencia traballando con pinturas. 

 

OHU Domes

            How It Was Told To Me: Māori Legends From New Zealand (Como mo contaron a min: Lendas maoríes de Nova Zelandia)

            Fulldome | son | cor | 17’ 28’’ | 2019 | estrea española

           Como mo contaron a min: Lendas maoríes de Nova Zelandia é unha colección de tres breves animacións teatrais que poden proxectarse individualmente ou amosarse como unha colección completa. A Historia da Creación conta a             historia de Ranginui o Pai Celestial e Papatūanuku a Nai Terra, e os seus moitos fillos que conspiran para separalos. En Rona e a Lúa aprendemos como Marama, a Lúa, chegou a ter o aspecto que ten hoxe nos nosos ceos austrais. O             Gran Waka conta a creación da Vía Láctea con tódalas súas constelacións e como se utilizaron ao longo dos séculos para guiar aos mariñeiros polinesios que navegan polos mares do sur. Estas animacións teatrais premiadas foron             creadas por OHU Domes e contan con gravacións de instrumentos tradicionais maoríes do Dr. Richard Nunns, narración de Te Kohe Tuhaka, Tānea Heke, Rangimoana Taylor e deseño de son de Dylan Storey.


Julius Horsthuis 

Fractal Time

Fulldome | son | cor | 11’ | 2019 | estrea española

Fractal Time é unha película abstracta e inmersiva que xoga coa orixe e o futuro do noso universo. Horsthuis considera que o seu traballo é “unha viaxe de descubrimento” e a audiencia está convidada a somerxerse nestas novas realidades fractais. O resultado, acompañado por unha banda sonora orixinal, é tanto cinematográfico na súa perspectiva visual como operístico no seu enfoque: cidades que emerxen de naves espaciais, fondos oceánicos que se convirten en selvas, en calquera momento calquera cousa pode pasar e fainos sentir como se alcanzaran os límites da nosa imaxinación.


Planetario Casa de las Ciencias
25 oct 2021
ProvinciaA Coruña
Recinto
Planetario Casa de las Ciencias
DirecciónParque de Santa Margarita, S/N, 15005 A Coruña, España
Horario
HorarioApertura 09:30 h - Inicio 10:00 h
Organiza
Público

OTROS EVENTOS