Enterticket

18:30h SALA1: ESPECIAL DAVID GLADWELL - 4 FILMS

Event Header

ENTRADAS

Información

Entradas no disponibles. El evento ha finalizado.

INFORMACIÓN

Event Card
18:30h SALA1: ESPECIAL DAVID GLADWELL - 4 FILMS

A SUMMER DISCORD (Unha discusión de verán)

David Gladwell / 1955 / 17min / Reino Unido


David Gladwell tiña tan só 20 anos cando realizou A Summer Discord, unha curtametraxe muda, amateur, imaxinativa e altamente poética, que ten lugar no campo e que conta a historia dunha nena que é rifada pola súa nai.


MISS THOMPSON GOES SHOPPING (A Srta. Thompson vai de compras)

David Gladwell / 1958 / 23min / Reino Unido


A capacidade de David Gladwell para capturar os aspectos idílicos e ao mesmo tempo inquietantes da vida no campo son tremendamente efectivos nesta adaptación cinematográfica do poema de Martin Armstrong sobre unha anciá perturbada por algo que non podemos ver. Faise evidente que busca o seu pasado, perdido nun recordo ou atrapado pola nostalxia. A viaxe da señorita Thompson á cidade para ir de compras, contrasta caóticamente coa natureza tranquila do seu solitario fogar, que ao seu regreso semella un paraíso.


AN UNTITLED FILM (Unha película sen título)

David Gladwell / 1964 / 9min / Reino Unido


Filmado a cámara lenta, esta curtametraxe experimental mostra unha serie de escenas pastorais nunha granxa británica. A edición das imaxes produce unha sensación de violencia que contrasta coa súa gran beleza visual. An Untitled Film é unha extraordinaria obra de arte cinematográfica que explora o poder, a beleza e a violencia contidas nun mesmo momento no tempo.


THE GREAT STEAM FAIR 

David Gladwell & Derrick Knight / 1964 / 18min / Reino Unido


Codirigido polos innovativos cineastas británicos David Gladwell e Derrick Knight, The Great Steam Fair é un documental fermosamente construído e filmado en Shottesbrooke Park, Berkshire en 1964, nun evento nostálxico que reúne numerosas atraccións de feira e máquinas de vapor. A película combina hábilmente técnicas de documental institucional cos novos enfoques do cinema directo.




Teatro Muncipal de Tui
03 may 2024
ProvinciaPontevedra
Recinto
Teatro Muncipal de Tui
DirecciónR. Colón, 2, 36700 Tui, Pontevedra, España
Horario
HorarioApertura 18:00 h - Inicio 18:30 h

OTROS EVENTOS