PLAY-DOC FESTIVAL - 2 FILMES MANFRED KIRCHHEIMER
ENTRADAS
INFORMACIÓN
Short Circuit
1973, EUA, 45 min
No seu apartamento, na esquina da rúa 101 e Broadway, un cineasta comeza a cuestionarse as interaccións entre a familia branca e os empregados negros cos que se relaciona día a día. Esta inclasificable obra mestra, a única película seminarrativa de Kirchheimer, debería estar considerada como un filme de referencia por dereito propio, se non fose porque desde que se realizou foi practicamente imposible vela.
Dream of a City
2018, EUA, 38 min
Esta sorprendente película está composta por fascinantes imaxes en branco e negro de lugares de obras, da vida na cidade e do tráfico portuario. Filmada por Kirchheimer e o seu vello amigo Walter Hess entre 1958 e 1960 e con música de Shostakovich e Debussy, Dream of a City é como un sinal precioso e caprichoso recibido sesenta anos despois da súa transmisión.
Play-Doc consolidouse en todo un referente dentro do panorama cinematográfico internacional, logrando manter un modelo de festival singular cunha programación rigorosa para un público masivo e extraordinariamente heteroxéneo. Ao longo destes dezaseis anos, Play-Doc converteuse nun lugar ideal para o encontro de novos creadores e polo que pasaron verdadeiras lendas do cinema, así como cineastas de culto, esquecidos, censurados ou descoñecidos. A organización presentará unha edición especial, adaptada ás circunstancias e aos protocolos de seguridade requiridos en cada momento, para iso, nesta ocasión, o Festival pretende achegarse máis ao público, saír á rúa, e facer que parte da súa programación tamén se poida gozar en diferentes localizacións da cidade fronteiriza. O Teatro Municipal seguirá sendo o seu punto de encontro principal pero súmanse lugares como o Seminario, convertida na súa segunda sede, e outros puntos da cidade onde o público poderá participar nun gran número de actividades como proxeccións, concertos, roteiros cinematográficos, obradoiros, encontros, performances audiovisuais, etc.