Enterticket

PLAY-DOC FESTIVAL - 3 FILMS MANFRED KIRCHHEIMER

Event Header

ENTRADAS

Información

Entradas no disponibles. El evento ha finalizado.

INFORMACIÓN

Event Card
PLAY-DOC FESTIVAL - 3 FILMS MANFRED KIRCHHEIMER
Colossus on the River
1965, EUA, 15 min 
As mareas, os cambios de vento e as contracorrentes converten o amarre dun xigantesco transatlántico nunha serie de complicadas manobras. Esta película, dotada dun entusiasmo desbordante, mostra a destreza e a delicadeza necesarias para atracar o lendario buque mercante SS United States no porto da cidade de Nova York.

Claw
1968, EUA, 30 min
Mentres unha máquina terrorífica derruba edificios ata reducilos a entullos, este documental poético examina os efectos negativos da renovación e a demolición urbanas. Nas construcións antigas, os relevos de pedra de aparencia humana observan como a cidade é alterada por estas grandes máquinas, que acabarán por destruílos tamén a eles.
Bridge High
1975, EUA, 10 min 
Bridge High é unha pasaxe evocadora a través dunha ponte colgante. Indo desde o campo cara á cidade, esta película expande o minuto e medio que se tarda en atravesar a ponte en coche, converténdoo nunha viaxe de nove minutos e medio; unha danza eufórica, unha coreografía de vigas, cables e arcos.



Play-Doc consolidouse en todo un referente dentro do panorama cinematográfico internacional, logrando manter un modelo de festival singular cunha programación rigorosa para un público masivo e extraordinariamente heteroxéneo. Ao longo destes dezaseis anos, Play-Doc converteuse nun lugar ideal para o encontro de novos creadores e polo que pasaron verdadeiras lendas do cinema, así como cineastas de culto, esquecidos, censurados ou descoñecidos. A organización presentará unha edición especial, adaptada ás circunstancias e aos protocolos de seguridade requiridos en cada momento, para iso, nesta ocasión, o Festival pretende achegarse máis ao público, saír á rúa, e facer que parte da súa programación tamén se poida gozar en diferentes localizacións da cidade fronteiriza. O Teatro Municipal seguirá sendo o seu punto de encontro principal pero súmanse lugares como o Seminario, convertida na súa segunda sede, e outros puntos da cidade onde o público poderá participar nun gran número de actividades como proxeccións, concertos, roteiros cinematográficos, obradoiros,  encontros,  performances audiovisuais, etc. 

Teatro Muncipal de Tui
25 sept 2021
ProvinciaPontevedra
Recinto
Teatro Muncipal de Tui
DirecciónR. Colón, 2, 36700 Tui, Pontevedra, España
Horario
HorarioApertura 16:00 h - Inicio 16:30 h

OTROS EVENTOS