Enterticket

PLAY-DOC FESTIVAL - DANIEL DOMÍNGUEZ: RÍO DE SOMBRAS

Event Header

ENTRADAS

Información

Entradas no disponibles. El evento ha finalizado.

INFORMACIÓN

Event Card
PLAY-DOC FESTIVAL - DANIEL DOMÍNGUEZ: RÍO DE SOMBRAS

Daniel Domínguez Pérez (Tui, 1955 - Corrubedo, 2020) foi un mestre xeneroso, un guionista brillante e un cineasta apaixonado.  Foi un dos autores de series de televisión e películas como Mareas Vivas,  As leis de Celavella, Pais Casares,  Miña sogra máis eu, A vida por diante e Branca Madison, entre outras. No ano 2002 recibiu o premio Mestre Mateo ao mellor guión por Terra de Miranda. Foi un dos fundadores da Escola de Imaxe e Son de a Coruña e a súa erudición cinéfila quedou patente nas súas numerosas colaboracións como crítico de cine, pero sobre todo no seu excelente blogue La escuela de los domingos. Pioneiro e figura clave do cinema e do audiovisual galego, Daniel Domínguez será sempre unha importante referencia e unha inspiración para todos nós.

Nesta edición queremos lembrarlle con agarimo coa proxección da súa película Río de sombras, rodada en Tui en 1986, e farémolo acompañados da súa familia, amigos e compañeiros.

RÍO DE SOMBRAS

Daniel Domínguez / 21min / 1986 / España



Un xornalista e un fotógrafo cobren a información dun crime na fronteira. Ningún dato que engadir ás fotos. O xornalista tenta artella-la reportaxe. Suso, un mecánico, procura a complicidade do seu axudante, Lolo, para cobrar unha factura pendente a Arístides -o contrabandista- que manten baixo o seu poder a Celia, a costureira, a cambio de face-la vista gorda a súa familia na represión -nos tempos das cunetas-, Celia dispón os fíos da arañeira. Cando chega a noite, as sombras enredan os fíos dos que pendura o crime da fronteira.




Play-Doc consolidouse en todo un referente dentro do panorama cinematográfico internacional, logrando manter un modelo de festival singular cunha programación rigorosa para un público masivo e extraordinariamente heteroxéneo. Ao longo destes dezaseis anos, Play-Doc converteuse nun lugar ideal para o encontro de novos creadores e polo que pasaron verdadeiras lendas do cinema, así como cineastas de culto, esquecidos, censurados ou descoñecidos. A organización presentará unha edición especial, adaptada ás circunstancias e aos protocolos de seguridade requiridos en cada momento, para iso, nesta ocasión, o Festival pretende achegarse máis ao público, saír á rúa, e facer que parte da súa programación tamén se poida gozar en diferentes localizacións da cidade fronteiriza. O Teatro Municipal seguirá sendo o seu punto de encontro principal pero súmanse lugares como o Seminario, convertida na súa segunda sede, e outros puntos da cidade onde o público poderá participar nun gran número de actividades como proxeccións, concertos, roteiros cinematográficos, obradoiros,  encontros,  performances audiovisuais, etc. 

Teatro Muncipal de Tui
26 sept 2021
ProvinciaPontevedra
Recinto
Teatro Muncipal de Tui
DirecciónR. Colón, 2, 36700 Tui, Pontevedra, España
Horario
HorarioApertura 18:00 h - Inicio 18:30 h

OTROS EVENTOS