16:30h SALA1 - 4 FILMES GALEGOS COMPETICIÓN | Enterticket






16:30h SALA1 - 4 FILMES GALEGOS COMPETICIÓN

today Domingo, 30 de abril de 2023

today Domingo, 30 de abril de 2023
access_time Apertura: 16:00h Inicio: 16:30h
place Teatro Muncipal de Tui - R. Colón, 2, 36700 Tui, Pontevedra, España

today 16:30h SALA1 - 4 FILMES GALEGOS COMPETICIÓN

BLOOM

Helena Girón, Samuel M. Delgado / 18 min / 2023 / España


San Borondón é unha illa mítica que aparece e desparece. Ao longo da historia situouse nos mapas cerca das Illas Canarias. A lenda da illa de San Borondón chegou a cobrar tal forza que, durante os sécuos XVI, XVII e XVIII, organizáronse expedicións para descubrila e conquistala. Tras séculos de esquecemento, finalmente foi atopada.


SERPARI

Iria Sanjurjo / 20 min / 2023 / España


Serpari é a segunda peza da serie Rituais e festas ancestrais da Península Ibérica e Europa. Desde a perspectiva dunha serpe, asistimos a un dos rituais máis peculiares da provincia de L'Aquila en Italia, adicado ao abade San Domenico. Un ritual multitudinario no que o amor e o respecto polas serpes alcanzan a súa máxima expresión no marco dun ritual relixioso. Toda unha experiencia sensorial de inmersión nunha singular tradición.


ECOTONE

Enar de Dios / 27 min / 2023 / Austria, España


“Ecotone” é un ensaio audiovisual que se centra en zonas fronteirizas para falar das prácticas de control que se exercen sobre diferentes espazos co fin de mantelos separados. Estruturado nunha serie de “campos” ordeados de maior a menor escala (desde enormes zonas naturais protexidas ata espazos corporais diminutos), “Ecotone” é unha crítica a formas contemporáneas do capitalismo como o capitalismo de vixiancia ou o biocapitalismo. Usando unha gran variedade de material visual, “Ecotone” combina e demostra as relacións que existen entre aspectos económicos, políticos, históricos e medioambientais.


DEVOCIÓNS

Ángel Montero, María Serna / 17 min / 2023 / España


Rituais curativos, baños, caricias, coidados. Unha historia de amor e enfermidade que explora a aceptación dunha perda e a posibilidade real da morte. Unha viaxe sensorial a través do espello en busca de paisaxes sanadoras para celebrar a vida.





info Entradas no disponibles (el evento finalizó el 30/04/2023)
closeUtilizamos cookies propias y de terceros para ofrecerte un mejor servicio. Si continúas navegando, consideramos que aceptas su uso. Puedes obtener más información en nuestra política de cookies.