22:30h SALA1: ABC DA GREVE - LEON HIRSZMAN
ENTRADAS
INFORMACIÓN
20 EDICIÓN DE PLAY-DOC FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE TUI, 2024.
ABC DA GREVE (ABC da folga)
Leon Hirszman / 1979-90 / 85min / Brasil
ABC da greve foi filmada a finais dos anos 70, cando as cidades industriais ao redor de São Paulo convertéronse en escenario dun intenso movemento folguista. Leon Hirszman, que nese momento estaba a traballar no guión de Eles não usam black-tie, saíu ás rúas armado con equipos portátiles de 16 mm para observar o movemento obreiro en plena construción da súa identidade política. Traballando nun sistema cooperativo, cun equipo pequeno, Leon foi montando o seu documental día a día a medida que se desenvolvían os acontecementos, rexistrando algunhas das imaxes máis impactantes deste período. A intensa reflexión que propoñía o documental acabou converténdose nunha especie de laboratorio de preparación para a obra de ficción que Leon filmaría a continuación Eles não usam black-tie. A última edición de ABC da greve non foi completada ata 1990 polo fotógrafo da película, Adrian Cooper, por iniciativa da Cinemateca Brasileira.
Dirección: Leon Hirszman
Produción: Cláudio Khans, Ivan Novais
Produtores asociados: Irma Hirszman, Maria Hirszman, João Pedro Hirszman
Fotografía: Adrian Cooper
Montaxe: Adrian Cooper
Música: Paulinho da Viola,
Narrador: Ferreira Gullar
OTROS EVENTOS
En este momento no hay otros eventos relacionados. Visita nuestra página de inicio para buscar más eventos.
Ir a Inicio