PLAY-DOC FESTIVAL | BAIUCA
ENTRADAS
INFORMACIÓN
COMPARTE ESTE EVENTO
PLAY-DOC FESTIVAL | BAIUCA
Unha fusión musical de vangarda e tradición, na que se mestura a instrumentación típica do folclore tradicional galego co máis avanzado da música electrónica. Un diálogo entre a Galicia de antonte e a de pasadomañá, nunha experiencia sonora combinada cun show audiovisual único e irrepetible, a cargo do cineasta Adrián Canoura.
Play-Doc Festival Internacional de Cinema de Tui
Play-Doc consolidouse en todo un referente dentro do panorama cinematográfico internacional, logrando manter un modelo de festival singular cunha programación rigorosa para un público masivo e extraordinariamente heteroxéneo. Ao longo destes dezaseis anos, Play-Doc converteuse nun lugar ideal para o encontro de novos creadores e polo que pasaron verdadeiras lendas do cinema, así como cineastas de culto, esquecidos, censurados ou descoñecidos. A organización presentará unha edición especial, adaptada ás circunstancias e aos protocolos de seguridade requiridos en cada momento, para iso, nesta ocasión, o Festival pretende achegarse máis ao público, saír á rúa, e facer que parte da súa programación tamén se poida gozar en diferentes localizacións da cidade fronteiriza. O Teatro Municipal seguirá sendo o seu punto de encontro principal pero súmanse lugares como a Praza do Pracer, convertida na súa segunda sede, e outros puntos da cidade onde o público poderá participar nun gran número de actividades como proxeccións, concertos, roteiros cinematográficos, obradoiros encontros, instalacións, performances audiovisuais, etc.
Teatro Muncipal de Tui
26 sept 2020
Pontevedra
Recinto
Teatro Muncipal de Tui
R. Colón, 2, 36700 Tui, Pontevedra, España
Horario
Inicio 23:59 h (GMT+2)
OTROS EVENTOS
En este momento no hay otros eventos relacionados. Visita nuestra página de inicio para buscar más eventos.
Ir a Inicio