Enterticket

PLAY-DOC FESTIVAL - BIG IN CHINA. Georges and the Vision Machines

Event Header

ENTRADAS

Información

Entradas no disponibles. El evento ha finalizado.

INFORMACIÓN

Event Card
PLAY-DOC FESTIVAL - BIG IN CHINA. Georges and the Vision Machines

BIG IN CHINA. Georges and the Vision Machines
DOMINIC GAGNON / 74 min / 2020 / CANADA
Durante máis de 10 anos, Georges, un home branco francés, produciu preto de 2.000 vídeos en Changsha, en China continental. Ao comezo os seus vídeos eran do tipo bromas pesadas pero cos anos o seu estilo e a súa maneira de producir volveuse máis enérxica e directa. Etiquetas: computadores, robots, redes sociais, vixilancia, liberdade de expresión, xustiza social, medio ambiente, cultura, arquitectura, economía, nacionalismo, racismo. Un día  Georges métese en problemas coas autoridades e é expulsado do país. Alerta: esta película produce malestar.



Play-Doc Festival Internacional de Cinema de Tui
Play-Doc consolidouse en todo un referente dentro do panorama cinematográfico internacional, logrando manter un modelo de festival singular cunha programación rigorosa para un público masivo e extraordinariamente heteroxéneo. Ao longo destes dezaseis anos, Play-Doc converteuse nun lugar ideal para o encontro de novos creadores e polo que pasaron verdadeiras lendas do cinema, así como cineastas de culto, esquecidos, censurados ou descoñecidos. A organización presentará unha edición especial, adaptada ás circunstancias e aos protocolos de seguridade requiridos en cada momento, para iso, nesta ocasión, o Festival pretende achegarse máis ao público, saír á rúa, e facer que parte da súa programación tamén se poida gozar en diferentes localizacións da cidade fronteiriza. O Teatro Municipal seguirá sendo o seu punto de encontro principal pero súmanse lugares como o Seminario, convertida na súa segunda sede, e outros puntos da cidade onde o público poderá participar nun gran número de actividades como proxeccións, concertos, roteiros cinematográficos, obradoiros,  encontros,  performances audiovisuais, etc. 

Teatro Muncipal de Tui
24 sept 2021
ProvinciaPontevedra
Recinto
Teatro Muncipal de Tui
DirecciónR. Colón, 2, 36700 Tui, Pontevedra, España
Horario
HorarioApertura 18:00 h - Inicio 18:30 h
Organiza
Público

OTROS EVENTOS