20:00h SALA1 - CHANTAL AKERMAN: 4 CURTAS INÉDITAS + NEWS FROM HOME | Enterticket






20:00h SALA1 - CHANTAL AKERMAN: 4 CURTAS INÉDITAS + NEWS FROM HOME

today Sábado, 29 de abril de 2023

today Sábado, 29 de abril de 2023
access_time Apertura: 19:30h Inicio: 20:00h
place Teatro Muncipal de Tui - R. Colón, 2, 36700 Tui, Pontevedra, España

today 20:00h SALA1 - CHANTAL AKERMAN: 4 CURTAS INÉDITAS + NEWS FROM HOME

4 CURTAS INÉDITAS

Chantal Akerman / 1967 / 4 x 2min / Bélxica

 

Estas catro curtametraxes foron realizados por Chantal Akerman no verán de 1967, en formato 8mm estándar, en branco e negro e sen son, como parte das probas de acceso ao Instituto Superior das Artes do Espectaculo (INSAS) en Bruxelas, onde foi admitida (curso 1967-1968) e onde permaneceu apenas uns meses antes de abandonar os seus estudos.

 

Chantal Akerman filma en Bruxelas a Foire de Midi que cada verán instálase nos barrios do sur da cidade, así como no patio do Hôtel de Clèves-Ravenstein, onde por casualidade, 50 anos máis tarde créase a Fundación Chantal Akerman. Na costa belga, Marilyn Watelet, –a súa amiga de mocidade coa que nos anos 70 funda a produtora Paradise Films, e a súa propia nai Natalia Akerman, son as protagonistas dunha pequena ficción en dous partes que ten lugar nos comercios da cidade balnearia.



NEWS FROM HOME

Chantal Akerman / 1976 / 90 min / Bélxica-Francia

 

News from Home é unha película en forma de cartas de amor dirixidas á directora en Nova York, escritas pola súa nai desde Europa. A narración describe un relato íntimo da vida familiar, co seu inventario de pequenas enfermidades, rutinas domésticas, vodas e angustias financeiras. O sentimentalismo elegíaco das palabras contrasta non só coa lectura plana e monótona de Akerman, senón tamén coas imaxes de Manhattan como unha cidade pantasma e alieníxena, coas súas rúas inusualmente baleiras.

 

Escrito e dirixido por Chantal Akerman

Fotografía: Babette Mangolte

Montaxe: Francine Sandberg

Son: Dominique Dalmasso, Larry Haas

Produtora: Paradise Films (Brussels), Unité trois (Paris), INA (Paris), ZDF (Mainz)

Restaurado pola Cinémathèque royale de Belgique (Cinematek, Belgium).

info Entradas no disponibles (el evento finalizó el 29/04/2023)
closeUtilizamos cookies propias y de terceros para ofrecerte un mejor servicio. Si continúas navegando, consideramos que aceptas su uso. Puedes obtener más información en nuestra política de cookies.