LA CHAMBRE
Chantal Akerman / 1972 / 11 min / Belgium
Dous travellings de 360º describen o espazo dunha habitación como unha sucesión de naturezas mortas: unha cadeira, algunhas froitas sobre unha mesa, obxectos solitarios e en espera. Entre eses movementos entrevemos unha soa presenza: unha muller nova sentada nunha cama. A terceira toma para a metade camiño, para volver atrás e reencuadrar á muller, que está a comer unha mazá.
Dirixido por Chantal Akerman
Montaxe: Geneviève Luciani
Fotografía: Babette Mangolte
HOTEL MONTEREY
Chantal Akerman / 1972 / 65 min / Bélxica
A cámara estática de Akerman encadra a entrada frontalmente, certo corredor, o interiror do ascensor… Enmarcados, fixados no cadro, planos compostos de liñas, volumes e baleiros, obxectos de fascinación e documentación arquitectónica. Finalmente un longo travelling fai un varrido a través dunha paisaxe, non ao nivel do chan, senón onde a parte máis alta do edificio atópase co ceo.
Escrita e dirixida por Chantal Akerman
Fotografía: Babette Mangolte
Montaxe: Geneviève Luciani
Con: Chantal Akerman
Produción: Chantal Akerman