PLAY-DOC FESTIVAL - CINEMA PERCORRIDOS IV: Inmersión sonora. | Enterticket






PLAY-DOC FESTIVAL - CINEMA PERCORRIDOS IV: Inmersión sonora.

today Domingo, 30 de abril de 2023

today Domingo, 30 de abril de 2023
access_time Apertura: 21:15h Inicio: 21:30h
place Glorieta de Vigo - Paseo Gral. Mola, 4, 36700 Tui, PO

today PLAY-DOC FESTIVAL - CINEMA PERCORRIDOS IV: Inmersión sonora.

CINEMA PERCORRIDOS IV: Inmersión sonora. 
Cinema Percorridos é unha orixinal experiencia que cumpre o seu cuarto ano levando o cinema artístico máis aló da pantalla tradicional para expandilo sobre localizacións históricas de Tui. 

 

As antigas rúas de pedra convídannos a un paseo en comunidade no que propoñemos a un grupo de artistas, cineastas ou visualistas, o reto de resignificar tres espazos da cidade, lugares habitualmente non abertos ao público. Estes creadores empregan os seus proxectores como ferramentas prodixiosas e nas súas performances multipantalla -de cinema expandido ou live cinema- exploran novas formas de facer cinema. Contaremos tamén con varios artistas que, vindo da antropoloxía musical, da vangarda sonora ou da música electrónica, exploran o son como arte. Cinema Percorridos non só será unha experiencia visual senón tamén un verdadeiro acontecemento sonoro. 


DOMINGO 30 DE ABRIL - TUi

Paseo en grupo con guía.

4 saídas cos seguintes horarios:  21:30h / 22:15h / 23:00h / 23:45h


Punto de encontro e saída: 

15 minutos antes en Glorieta de Vigo (xunto ao Monumento aos Cabalos)

Duración do paseo – 75 minutos, aprox.

 


Encontro cos artistas participantes.

Luns 1 de maio. 19:00h- Teatro Municipal de Tui

Ao día seguinte deste paseo propoñémosche un encontro onde poderás coñecer en primeira persoa aos e as artistas participantes neste proxecto, entender o seu traballo e proceso creativo.

info Entradas no disponibles (el evento finalizó el 30/04/2023)
closeUtilizamos cookies propias y de terceros para ofrecerte un mejor servicio. Si continúas navegando, consideramos que aceptas su uso. Puedes obtener más información en nuestra política de cookies.