Enterticket

PLAY-DOC FESTIVAL | CINEMA PERCORRIDOS - VISIÓNS NOCTURNAS | RUTA GUIADA POR TUI – VIDEOARTISTAS

Event Header

ENTRADAS

Información

Entradas no disponibles. El evento ha finalizado.

INFORMACIÓN

Event Card
PLAY-DOC FESTIVAL | CINEMA PERCORRIDOS - VISIÓNS NOCTURNAS | RUTA GUIADA POR TUI – VIDEOARTISTAS

As antigas rúas de pedra convídannos a un paseo en comunidade, onde cinco artistas visuais, situados en distintos puntos da cidade, entre a alameda e o casco vello, propoñen un estimulante roteiro nocturno, un percorrido expositivo entre o real e o imaxinado. Semi-ocultos na escuridade das súas localizacións, cos seus proxectores como lanternas máxicas, esperan ao público para mostrar as súas obras audiovisuais que se volven paradas inmersivas no camiño. 

PUNTO DE ENCONTRO E SAÍDA: GLORIETA DE VIGO (XUNTO AO MONUMENTO AOS CABALOS)

DURACIÓN DO PASEO – 1 HORA APROX. 

HORAS DE SAÍDA:

  • 20:30
  • 21:00
  • 21:30
  • 22:00
  • 22:30


Play-Doc Festival Internacional de Cinema de Tui

Play-Doc consolidouse en todo un referente dentro do panorama cinematográfico internacional, logrando manter un modelo de festival singular cunha programación rigorosa para un público masivo e extraordinariamente heteroxéneo. Ao longo destes dezaseis anos, Play-Doc converteuse nun lugar ideal para o encontro de novos creadores e polo que pasaron verdadeiras lendas do cinema, así como cineastas de culto, esquecidos, censurados ou descoñecidos. A organización presentará unha edición especial, adaptada ás circunstancias e aos protocolos de seguridade requiridos en cada momento, para iso, nesta ocasión, o Festival pretende achegarse máis ao público, saír á rúa, e facer que parte da súa programación tamén se poida gozar en diferentes localizacións da cidade fronteiriza. O Teatro Municipal seguirá sendo o seu punto de encontro principal pero súmanse lugares como a Praza do Pracer, convertida na súa segunda sede, e outros puntos da cidade onde o público poderá participar nun gran número de actividades como proxeccións, concertos, roteiros cinematográficos, obradoiros  encontros, instalacións,  performances audiovisuais, etc.
Glorieta de Vigo
24 sept 2021
Recinto
Glorieta de Vigo
DirecciónPaseo Gral. Mola, 4, 36700 Tui, PO
Organiza
Público

OTROS EVENTOS