Enterticket

PLAY-DOC: CINEMA PERCORRIDOS V. Distopía panóptica.

Event Header

ENTRADAS

Información

Entradas no disponibles. El evento ha finalizado.

INFORMACIÓN

Event Card
PLAY-DOC: CINEMA PERCORRIDOS V. Distopía panóptica.

CINEMA PERCORRIDOS V: Distopía panóptica 
Cinema Percorridos é unha orixinal experiencia que cumpre o seu cuarto ano levando o cinema artístico máis aló da pantalla tradicional para expandilo sobre localizacións históricas de Tui. 

 

As antigas rúas de pedra convídannos a un paseo en comunidade no que propoñemos a un grupo de artistas, cineastas ou visualistas, o reto de resignificar tres espazos da cidade, lugares habitualmente non abertos ao público. Estes creadores empregan os seus proxectores como ferramentas prodixiosas e nas súas performances multipantalla -de cinema expandido ou live cinema- exploran novas formas de facer cinema. Contaremos tamén con varios artistas que, vindo da antropoloxía musical, da vangarda sonora ou da música electrónica, exploran o son como arte. Cinema Percorridos non só será unha experiencia visual senón tamén un verdadeiro acontecemento sonoro. 



Punto de encontro e saída: 

15 minutos antes fronte a Capela de San Telmo en Tui 

Duración do paseo – 60 minutos, aprox.

 

Encontro cos artistas participantes.

Sábado 4 de maio. 19:00h- Teatro Municipal de Tui

Ao día seguinte deste paseo propoñémosche un encontro onde poderás coñecer en primeira persoa aos e as artistas participantes neste proxecto, entender o seu traballo e proceso creativo.

Capela de San Telmo - Tui
03 may 2024
ProvinciaPontevedra
Recinto
Capela de San Telmo - Tui
DirecciónR. Párroco Rodríguez Vázquez, 40, 36700 Tui, Pontevedra, España
Horario
HorarioApertura 21:15 h - Inicio 21:30 h

OTROS EVENTOS