Enterticket

PLAY-DOC FESTIVAL | COMING SOON – PRESENTACIÓN DE FILMES

Event Header

ENTRADAS

Información

Entradas no disponibles. El evento ha finalizado.

INFORMACIÓN

Event Card
PLAY-DOC FESTIVAL | COMING SOON – PRESENTACIÓN DE FILMES

COMING SOON

Cineastas presentan en directo ao público un breve adianto dalgunhas dos filmes que poderemos ver durante o próximo ano 2021.

 ‘Coming  Soon’ é un espazo aberto no que poderemos compartir o proceso creativo dos nosos cineastas máis próximos. Traballos en pleno proceso de xestación dos que, da man dos seus autores, veremos as primeiras imaxes e contarannos as principais dificultades polas que atravesan, así como os seus retos.


Participarán neste encontro os seguintes proxectos e realizadores:


NACIÓN, de Margarita Ledo 


LUZ FANDIÑO, de Sonia Méndez, 


MONTAÑA ou MORTE, de Pela del Álamo


EL TIEMPO DEL FUEGO, de Alexandre Cancelo 


*En caso de choiva, as actividades, proxeccións e concertos que teñan lugar na Praza do Pracer recolocaranse no Teatro Municipal, con novos horarios. Informarase con antelación a través das redes do festival. 




Play-Doc Festival Internacional de Cinema de Tui

Play-Doc consolidouse en todo un referente dentro do panorama cinematográfico internacional, logrando manter un modelo de festival singular cunha programación rigorosa para un público masivo e extraordinariamente heteroxéneo. Ao longo destes dezaseis anos, Play-Doc converteuse nun lugar ideal para o encontro de novos creadores e polo que pasaron verdadeiras lendas do cinema, así como cineastas de culto, esquecidos, censurados ou descoñecidos. A organización presentará unha edición especial, adaptada ás circunstancias e aos protocolos de seguridade requiridos en cada momento, para iso, nesta ocasión, o Festival pretende achegarse máis ao público, saír á rúa, e facer que parte da súa programación tamén se poida gozar en diferentes localizacións da cidade fronteiriza. O Teatro Municipal seguirá sendo o seu punto de encontro principal pero súmanse lugares como a Praza do Pracer, convertida na súa segunda sede, e outros puntos da cidade onde o público poderá participar nun gran número de actividades como proxeccións, concertos, roteiros cinematográficos, obradoiros  encontros, instalacións,  performances audiovisuais, etc.
Teatro Muncipal de Tui
26 sept 2020
ProvinciaPontevedra
Recinto
Teatro Muncipal de Tui
DirecciónR. Colón, 2, 36700 Tui, Pontevedra, España
Horario
HorarioInicio 21:00 h

OTROS EVENTOS