Enterticket

PLAY-DOC FESTIVAL - DAL PIANETA DEGLI UMANI

Event Header

ENTRADAS

Información

Entradas no disponibles. El evento ha finalizado.

INFORMACIÓN

Event Card
PLAY-DOC FESTIVAL - DAL PIANETA DEGLI UMANI
DAL PIANETA DEGLI UMANI (DO PLANETA DOS HUMANOS)
GIOVANNI CIONI / 82 min / 2021 / ITALIA-BÉLXICA-FRANCIA
Unha inspección na fronteira de Ventimiglia, entre Italia e Francia, convértese nun fantástico conto de fadas narrado por un coro de ras, no que un científico experimenta con técnicas de rexuvenecemento utilizando testículos de mono. Dr. Voronoff foi unha persoa real, que na década dos 20 do século pasado gozaba de fama mundial. A súa vila atópase na fronteira que os inmigrantes tentan atravesar. Pero é coma se non existisen.

Play-Doc Festival Internacional de Cinema de Tui
Play-Doc consolidouse en todo un referente dentro do panorama cinematográfico internacional, logrando manter un modelo de festival singular cunha programación rigorosa para un público masivo e extraordinariamente heteroxéneo. Ao longo destes dezaseis anos, Play-Doc converteuse nun lugar ideal para o encontro de novos creadores e polo que pasaron verdadeiras lendas do cinema, así como cineastas de culto, esquecidos, censurados ou descoñecidos. A organización presentará unha edición especial, adaptada ás circunstancias e aos protocolos de seguridade requiridos en cada momento, para iso, nesta ocasión, o Festival pretende achegarse máis ao público, saír á rúa, e facer que parte da súa programación tamén se poida gozar en diferentes localizacións da cidade fronteiriza. O Teatro Municipal seguirá sendo o seu punto de encontro principal pero súmanse lugares como o Seminario, convertida na súa segunda sede, e outros puntos da cidade onde o público poderá participar nun gran número de actividades como proxeccións, concertos, roteiros cinematográficos, obradoiros,  encontros,  performances audiovisuais, etc. 

Teatro Muncipal de Tui
23 sept 2021
ProvinciaPontevedra
Recinto
Teatro Muncipal de Tui
DirecciónR. Colón, 2, 36700 Tui, Pontevedra, España
Horario
HorarioApertura 18:00 h - Inicio 18:30 h
Organiza
Público

OTROS EVENTOS