Enterticket

PLAY-DOC FESTIVAL - ESQUIRLAS

Event Header

ENTRADAS

Información

Entradas no disponibles. El evento ha finalizado.

INFORMACIÓN

Event Card
PLAY-DOC FESTIVAL - ESQUIRLAS
ESQUIRLAS
NATALIA GARAYALDE / 69 min / 2020 / ARXENTINA
O 3 novembro de 1995 estalou a industria emblema da miña cidade, a Fábrica Militar de Río Tercero, Córdoba. Miles de proxectís disparáronse contra o pobo que os producía. Con 12 anos, mentres tentaba escapar das explosións, rexistrei a destrución da miña cidade cunha cámara de vídeo. Vinte anos despois atópome con eses arquivos. A ameaza do polo industrial e militar aínda persiste no presente.



Play-Doc consolidouse en todo un referente dentro do panorama cinematográfico internacional, logrando manter un modelo de festival singular cunha programación rigorosa para un público masivo e extraordinariamente heteroxéneo. Ao longo destes dezaseis anos, Play-Doc converteuse nun lugar ideal para o encontro de novos creadores e polo que pasaron verdadeiras lendas do cinema, así como cineastas de culto, esquecidos, censurados ou descoñecidos. A organización presentará unha edición especial, adaptada ás circunstancias e aos protocolos de seguridade requiridos en cada momento, para iso, nesta ocasión, o Festival pretende achegarse máis ao público, saír á rúa, e facer que parte da súa programación tamén se poida gozar en diferentes localizacións da cidade fronteiriza. O Teatro Municipal seguirá sendo o seu punto de encontro principal pero súmanse lugares como o Seminario, convertida na súa segunda sede, e outros puntos da cidade onde o público poderá participar nun gran número de actividades como proxeccións, concertos, roteiros cinematográficos, obradoiros,  encontros,  performances audiovisuais, etc. 

Seminario Menor de Tui
24 sept 2021
ProvinciaPontevedra
Recinto
Seminario Menor de Tui
DirecciónP.º de Calvo Sotelo, 32, 36700 Tuy, Pontevedra, España
Horario
HorarioApertura 21:00 h - Inicio 21:30 h
Organiza
Público

OTROS EVENTOS