PLAY-DOC FESTIVAL - NO SOMOS NADA | Enterticket






PLAY-DOC FESTIVAL - NO SOMOS NADA

today Domingo, 26 de septiembre de 2021

today Domingo, 26 de septiembre de 2021
access_time Apertura: 20:00h Inicio: 20:30h
place Teatro Muncipal de Tui - R. Colón, 2, 36700 Tui, Pontevedra, España

today PLAY-DOC FESTIVAL - NO SOMOS NADA

NO SOMOS NADA
JAVIER CORCUERA / 100 min / 2021 / España-Perú
La Polla Records, unha das bandas máis lendarias do punk, regresa para dicir adeus. Con motivo da xira definitiva do grupo, o seu vocalista, Evaristo Páramos, revive 40 anos de historia desde o seu pobo en Euskadi. Esta é a rocambolesca historia duns aldeáns que revolucionaron a música enrabietada cunhas cancións convertidas en himnos polos seus miles de seguidores.



Play-Doc Festival Internacional de Cinema de Tui
Play-Doc consolidouse en todo un referente dentro do panorama cinematográfico internacional, logrando manter un modelo de festival singular cunha programación rigorosa para un público masivo e extraordinariamente heteroxéneo. Ao longo destes dezaseis anos, Play-Doc converteuse nun lugar ideal para o encontro de novos creadores e polo que pasaron verdadeiras lendas do cinema, así como cineastas de culto, esquecidos, censurados ou descoñecidos. A organización presentará unha edición especial, adaptada ás circunstancias e aos protocolos de seguridade requiridos en cada momento, para iso, nesta ocasión, o Festival pretende achegarse máis ao público, saír á rúa, e facer que parte da súa programación tamén se poida gozar en diferentes localizacións da cidade fronteiriza. O Teatro Municipal seguirá sendo o seu punto de encontro principal pero súmanse lugares como o Seminario, convertida na súa segunda sede, e outros puntos da cidade onde o público poderá participar nun gran número de actividades como proxeccións, concertos, roteiros cinematográficos, obradoiros,  encontros,  performances audiovisuais, etc. 

info Entradas no disponibles (el evento finalizó el 26/09/2021)
closeUtilizamos cookies propias y de terceros para ofrecerte un mejor servicio. Si continúas navegando, consideramos que aceptas su uso. Puedes obtener más información en nuestra política de cookies.