Enterticket

PLAY-DOC FESTIVAL | LAURA LAMONTAGNE & PICOAMPERIO

Event Header

ENTRADAS

Información

Entradas no disponibles. El evento ha finalizado.

INFORMACIÓN

Event Card
PLAY-DOC FESTIVAL | LAURA LAMONTAGNE & PICOAMPERIO
No seu primeiro proxecto xuntos, Laura LaMontagne e PicoAmperio, abordan campos musicais diferentes que oscilan entre a tradición galego-portuguesa das “cantigas de amigo”, ritmos electrónicos e ambientes íntimos provocados pola evolución de superficies de  loops musicais. Poesía propia e adaptacións de Rosalía de Castro, Lorca, Pessoa, Martín  Codax; rabia e desasosego dunha viaxe  turbulenta como a vida. Mesturando a tradición e a realidade maquinal e tecnolóxica para contar historias.


Play-Doc Festival Internacional de Cinema de Tui

Play-Doc consolidouse en todo un referente dentro do panorama cinematográfico, logrando manter un modelo de festival singular cunha programación rigorosa para un público masivo e extraordinariamente heteroxéneo. Ao longo destes dezaseis anos, Play-Doc converteuse nun lugar ideal para o encontro de novos creadores e polo que pasaron verdadeiras lendas do cinema, así como cineastas de culto, esquecidos, censurados ou descoñecidos. A organización presentará unha edición especial, adaptada ás circunstancias e aos protocolos de seguridade requiridos en cada momento, para iso, nesta ocasión, o Festival pretende achegarse máis ao público, saír á rúa, e facer que parte da súa programación tamén se poida gozar en diferentes localizacións da cidade fronteiriza. O Teatro Municipal seguirá sendo o seu punto de encontro principal pero súmanse lugares como a Praza do Pracer, convertida na súa segunda sede, e outros puntos da cidade onde o público poderá participar nun gran número de actividades como proxeccións, concertos, roteiros cinematográficos, obradoiros, encontros, performance audiovisuais, etc.


Teatro Muncipal de Tui
23 sept 2020
ProvinciaPontevedra
Recinto
Teatro Muncipal de Tui
DirecciónR. Colón, 2, 36700 Tui, Pontevedra, España
Horario
HorarioInicio 20:30 h
Organiza
Público

OTROS EVENTOS