Enterticket

PLAY-DOC INAUGURACIÓN-CONCERTO NACHO FAIA LAR + PROXECCIÓN: SYCORAX, Lois Patiño e Matías Piñeiro

Event Header

ENTRADAS

Información

Entradas no disponibles. El evento ha finalizado.

INFORMACIÓN

Event Card
PLAY-DOC INAUGURACIÓN-CONCERTO NACHO FAIA LAR + PROXECCIÓN: SYCORAX, Lois Patiño e Matías Piñeiro

NACHO · FAIA · LAR | De não saber o que me espera.

Tradición e vangarda en homenaxe a Zeca Afonso

 

De não saber o que me espera é o nome que dá título a un proxecto musical de nova creación feito por tres artistas referentes da vangarda musical galega: Nacho Muñoz (Igmig) ao piano e eléctrónica, Faia Díaz (FAIA, de Vacas) na voz e LarLegido (Sumrrá) na batería.

De recoñecida traxectoria no ámbito da música tradicional e experimental, Nacho · Faia · Lar colaboran xuntos por vez primeira na creación deste proxecto que afonda na figura e repertorio do cantante Zeca Afonso desde unha perspectiva transgresora e contemporánea para mostrarnos unha visión renovada da obra do artista portugués e ofrecernos un concerto que se move entre a tradición, a vangarda e a experimentación sonora nunha proposta transfronteiriza alén do espazo-tempo.

Para o concerto de Play-Doc estarán acompañados das creacións visuais en directo de Sr.  Pause, alter ego do artista galego Roi Fernández.


PROXECCIÓN SYCORAX de LOIS PATIÑO e MATÍAS PIÑEIRO (estrea galega)


Quen é  Sycorax? O primeiro personaxe en pisar a illa de “A Tempestade” de William Shakespeare. Pero o problema na obra é que  Sycorax non ten voz. É apenas mencionada por Próspero como unha bruxa mala, vella e  encorvada, que encerrou  vilmente a Ariel, o espírito do aire, nunha árbore. Pero, Por que encerraría a Ariel nunha árbore? Aquí, nós, non lle creriamos tanto a Próspero.


Teatro Muncipal de Tui
04 may 2022
ProvinciaPontevedra
Recinto
Teatro Muncipal de Tui
DirecciónR. Colón, 2, 36700 Tui, Pontevedra, España
Horario
HorarioApertura 20:00 h - Inicio 20:30 h

OTROS EVENTOS