today PLAY-DOC FESTIVAL | PROXECCIÓN – 5 FILMES GALEGOS
Sesión de curtametraxes na que poderemos ver os seguintes filmes:
A MIÑA TERRA
SANTIAGO
D. RISCO / 27’ / 2020/ GALICIA
CARNE
CAMILA
KATER / 12’ / 2019 / GALICIA
NOTAS SOBRE A HABITABILIDADE DA
BARCA
CINEMA
SEMENTE/ 16 ‘/ 2019 / GALICIA
SANTA BAIA DE MONTES
SABELA
SOUTO/ 15’ / 2020/ GALICIA
UNIDADE VECIÑAL
TONO
MEJUTO/ 7’ / 2019 / GALICIA
Play-Doc Festival Internacional de Cinema de Tui
Play-Doc consolidouse en todo un referente dentro do panorama cinematográfico internacional, logrando manter un modelo de festival singular cunha programación rigorosa para un público masivo e extraordinariamente heteroxéneo. Ao longo destes dezaseis anos, Play-Doc converteuse nun lugar ideal para o encontro de novos creadores e polo que pasaron verdadeiras lendas do cinema, así como cineastas de culto, esquecidos, censurados ou descoñecidos. A organización presentará unha edición especial, adaptada ás circunstancias e aos protocolos de seguridade requiridos en cada momento, para iso, nesta ocasión, o Festival pretende achegarse máis ao público, saír á rúa, e facer que parte da súa programación tamén se poida gozar en diferentes localizacións da cidade fronteiriza. O Teatro Municipal seguirá sendo o seu punto de encontro principal pero súmanse lugares como a Praza do Pracer, convertida na súa segunda sede, e outros puntos da cidade onde o público poderá participar nun gran número de actividades como proxeccións, concertos, roteiros cinematográficos, obradoiros encontros, instalacións, performances audiovisuais, etc.