today Jueves, 24 de septiembre de 2020 access_time 17:30h place Teatro Muncipal de Tui - R. Colón, 2, 36700 Tui, Pontevedra, España
today PLAY-DOC FESTIVAL | PROXECCIÓN - DE BARRIO
DE BARRIO - GALICIA
XURXO CHIRRO / 69 MIN / 2019 / ESPAÑA
O barrio está en festas. Unha muller anciana xa non pode falar. As súas lembranzas reviven. O barrio esvaécese.
Play-Doc Festival Internacional de Cinema de Tui
Play-Doc consolidouse en todo un referente dentro do panorama cinematográfico internacional, logrando manter un modelo de festival singular cunha programación rigorosa para un público masivo e extraordinariamente heteroxéneo. Ao longo destes dezaseis anos, Play-Doc converteuse nun lugar ideal para o encontro de novos creadores e polo que pasaron verdadeiras lendas do cinema, así como cineastas de culto, esquecidos, censurados ou descoñecidos. A organización presentará unha edición especial, adaptada ás circunstancias e aos protocolos de seguridade requiridos en cada momento, para iso, nesta ocasión, o Festival pretende achegarse máis ao público, saír á rúa, e facer que parte da súa programación tamén se poida gozar en diferentes localizacións da cidade fronteiriza. O Teatro Municipal seguirá sendo o seu punto de encontro principal pero súmanse lugares como a Praza do Pracer, convertida na súa segunda sede, e outros puntos da cidade onde o público poderá participar nun gran número de actividades como proxeccións,concertos, roteiros cinematográficos, obradoiros encontros, instalacións, performances audiovisuais, etc.
info Entradas no disponibles (el evento finalizó el 24/09/2020)
closeUtilizamos cookies propias y de terceros para ofrecerte un mejor servicio. Si continúas navegando, consideramos que aceptas su uso. Puedes obtener más información en nuestra política de cookies.