Enterticket

PLAY-DOC FESTIVAL | PROXECCIÓN - DOROTHÉ NA VILA

Event Header

ENTRADAS

Cargando

INFORMACIÓN

Event Card
PLAY-DOC FESTIVAL | PROXECCIÓN - DOROTHÉ NA VILA

DOROTHÉ NA VILA - GALICIA

ALEJANDRO GÁNDARA e OLAIA TUBÍO / 85’ / 2020 / GALICIA

A musicóloga suíza Dorothé Schubarth chegou a Galicia a finais dos 70 na procura dos cantos antigos que desapareceran no centro de Europa. Desta busca saíron as 300 horas de gravacións que forman o Cancioneiro Popular Galego, a maior compilación de músicas tradicionais do país hoxe en día depositadas no Museo do Pobo Galego. Corenta anos despois, dúas rapazas inician unha viaxe tralos pasos de Schubarth para atopar as voces que ela recolleu e descubrir as súas historias de vida.




Play-Doc Festival Internacional de Cinema de Tui

Play-Doc consolidouse en todo un referente dentro do panorama cinematográfico internacional, logrando manter un modelo de festival singular cunha programación rigorosa para un público masivo e extraordinariamente heteroxéneo. Ao longo destes dezaseis anos, Play-Doc converteuse nun lugar ideal para o encontro de novos creadores e polo que pasaron verdadeiras lendas do cinema, así como cineastas de culto, esquecidos, censurados ou descoñecidos. A organización presentará unha edición especial, adaptada ás circunstancias e aos protocolos de seguridade requiridos en cada momento, para iso, nesta ocasión, o Festival pretende achegarse máis ao público, saír á rúa, e facer que parte da súa programación tamén se poida gozar en diferentes localizacións da cidade fronteiriza. O Teatro Municipal seguirá sendo o seu punto de encontro principal pero súmanse lugares como a Praza do Pracer, convertida na súa segunda sede, e outros puntos da cidade onde o público poderá participar nun gran número de actividades como proxeccións, concertos, roteiros cinematográficos, obradoiros  encontros, instalacións,  performances audiovisuais, etc.
Teatro Muncipal de Tui
24 sept 2020
ProvinciaPontevedra
Recinto
Teatro Muncipal de Tui
DirecciónR. Colón, 2, 36700 Tui, Pontevedra, España
Horario
HorarioInicio 22:30 h

OTROS EVENTOS