Enterticket

PLAY-DOC FESTIVAL | PROXECCIÓN - LAS POETAS VISITAN A JUANA BIGNOZZI

Event Header

ENTRADAS

Información

Entradas no disponibles. El evento ha finalizado.

INFORMACIÓN

Event Card
PLAY-DOC FESTIVAL | PROXECCIÓN - LAS POETAS VISITAN A JUANA BIGNOZZI

LAS POETAS VISITAN A JUANA BIGNOZZI - COMPETICIÓN

LAURA CITARELLA, MERCEDES HALFON / 90 min / 2019 / ARXENTINA

Unha poeta morre. Outra, máis nova, recibe como herdanza o mandato de facer coñecer a súa obra. A esa tarefa súmase un equipo de mulleres de cinema. Ese estraño triángulo pon en marcha este filme que, curiosamente, non adopta a forma dunha investigación senón dun armazón aínda máis complexo e sutil. Previsiblemente, xorden preguntas, pero tamén revelacións, momentos case secretos de beleza e de lucidez, e unha persistente incerteza que acaba por volverse un obxectivo. A través desas estratexias laterais, Juana Bignozzi acaba por aparecer no filme en todo o seu esplendor, invencible e vital: o filme triunfa.


Play-Doc Festival Internacional de Cinema de Tui

Play-Doc consolidouse en todo un referente dentro do panorama cinematográfico internacional, logrando manter un modelo de festival singular cunha programación rigorosa para un público masivo e extraordinariamente heteroxéneo. Ao longo destes dezaseis anos, Play-Doc converteuse nun lugar ideal para o encontro de novos creadores e polo que pasaron verdadeiras lendas do cinema, así como cineastas de culto, esquecidos, censurados ou descoñecidos. A organización presentará unha edición especial, adaptada ás circunstancias e aos protocolos de seguridade requiridos en cada momento, para iso, nesta ocasión, o Festival pretende achegarse máis ao público, saír á rúa, e facer que parte da súa programación tamén se poida gozar en diferentes localizacións da cidade fronteiriza. O Teatro Municipal seguirá sendo o seu punto de encontro principal pero súmanse lugares como a Praza do Pracer, convertida na súa segunda sede, e outros puntos da cidade onde o público poderá participar nun gran número de actividades como proxeccións, concertos, roteiros cinematográficos, obradoiros  encontros, instalacións,  performances audiovisuais, etc.
Teatro Muncipal de Tui
25 sept 2020
ProvinciaPontevedra
Recinto
Teatro Muncipal de Tui
DirecciónR. Colón, 2, 36700 Tui, Pontevedra, España
Horario
HorarioInicio 22:30 h
Organiza
Público

OTROS EVENTOS