Enterticket

PLAY-DOC FESTIVAL | PROXECCIÓN - SUZANNE DAVEAU

Event Header

ENTRADAS

Información

Entradas no disponibles. El evento ha finalizado.

INFORMACIÓN

Event Card
PLAY-DOC FESTIVAL | PROXECCIÓN - SUZANNE DAVEAU

SUZANNE DAVEAU - COMPETICIÓN

LUÍSA HOMEN / 119 min / 2019 / PORTUGAL

"Non hai ciencia, nin progreso no coñecemento, sen amor, sen paixón, sen identificación, mesmo cando se trata dun tema aparentemente desprovisto de vida, como a evolución dunha vertente ou a orixe dun chuvieiro. Pódese quizais, aplicar unha técnica rutinariamente e con pura obxectividade, pero certamente non se pode descubrir algo novo sen que o investigador se implíque por completo no tema que tenta dilucidar. SUZANNE DAVEAU traza o esbozo dunha muller aventureira que atravesa o s.XX, até hoxe en día, guiada pola súa paixón pola investigación xeográfica. A película transita entre os numerosos espazos-mundo percorridos pola xeografía e os espazos-casa reservados que acollen a súa vida privada.



Play-Doc Festival Internacional de Cinema de Tui

Play-Doc consolidouse en todo un referente dentro do panorama cinematográfico internacional, logrando manter un modelo de festival singular cunha programación rigorosa para un público masivo e extraordinariamente heteroxéneo. Ao longo destes dezaseis anos, Play-Doc converteuse nun lugar ideal para o encontro de novos creadores e polo que pasaron verdadeiras lendas do cinema, así como cineastas de culto, esquecidos, censurados ou descoñecidos. A organización presentará unha edición especial, adaptada ás circunstancias e aos protocolos de seguridade requiridos en cada momento, para iso, nesta ocasión, o Festival pretende achegarse máis ao público, saír á rúa, e facer que parte da súa programación tamén se poida gozar en diferentes localizacións da cidade fronteiriza. O Teatro Municipal seguirá sendo o seu punto de encontro principal pero súmanse lugares como a Praza do Pracer, convertida na súa segunda sede, e outros puntos da cidade onde o público poderá participar nun gran número de actividades como proxeccións, concertos, roteiros cinematográficos, obradoiros  encontros, instalacións,  performances audiovisuais, etc.
Teatro Muncipal de Tui
25 sept 2020
ProvinciaPontevedra
Recinto
Teatro Muncipal de Tui
DirecciónR. Colón, 2, 36700 Tui, Pontevedra, España
Horario
HorarioInicio 17:30 h

OTROS EVENTOS