17:30h SALA2 - PROXECCIÓN: TALLER DE CINEMA. FILMAR AO PRÓXIMO | Enterticket






17:30h SALA2 - PROXECCIÓN: TALLER DE CINEMA. FILMAR AO PRÓXIMO

today Lunes, 1 de mayo de 2023

today Lunes, 1 de mayo de 2023
access_time Apertura: 17:00h Inicio: 17:30h
place Seminario Menor de Tui - P.º de Calvo Sotelo, 32, 36700 Tuy, Pontevedra, España

today 17:30h SALA2 - PROXECCIÓN: TALLER DE CINEMA. FILMAR AO PRÓXIMO

OBRADOIRO DE CINEMA. FILMAR AO PRÓXIMO

Ao longo deste mes de abril de 2023 veciños e vecinas da comarca,  realizaron unha pequena peza audiovisual de curta duración, na que retratan á súa veciñanza, tecendo xuntos un valioso entrelazado de pequenas historias persoais e colectivas

Que hai de nós nos nosos veciños? Con que e con quen nos identificamos da nosa comunidade? A quen nos gustaría descubrir ou coñecer mellor? Na nosa familia, no noso edificio, na nosa rúa ou no noso barrio existen heroes e heroínas cotiáns que nos inspiran, emocionan, conmoven ou intrigan. Xente que amamos, xente da que aprendemos, xente que admiramos ou xente que nos atrae sen saber por que. De que maneira podemos retratar o que hai de único, de extraordinario nesa persoa ou colectivo?

O noso obradoiro convida aos veciños e veciñas de Tui e arredores a compartir a súa experiencia social e comunitaria mediante o retrato da súa veciñanza. Un veciño ou veciña, traballador ou traballadora, un familiar, unha asociación, un negocio local… Que é o que nos gustaría compartir deles a través de imaxes e sons? Como filmar o que só nós podemos ver? Como narrar, describir, retratar… en definitiva, representar cinematograficamente (a)o próximo?

Este obradoiro é impartido por Eloy Domínguez Serén, recoñecido e multipremiado cineasta galego que conta cunha notable traxectoria internacional, na que destacan títulos como HamadaNo cow on the ice, Os Corpos ou Rompente.

As pezas resultantes deste taller presentaranse dentro do marco da celebración da XIX edición de Play-Doc Festival.


info Entradas no disponibles (el evento finalizó el 01/05/2023)
closeUtilizamos cookies propias y de terceros para ofrecerte un mejor servicio. Si continúas navegando, consideramos que aceptas su uso. Puedes obtener más información en nuestra política de cookies.