UN CEO IMPASIBLE
David Varela / 81 min / 2021
Zona oeste de Madrid. Lugar onde aconteceu unha das batallas máis cruentas e mortíferas da Guerra Civil Española. Un grupo de adolescentes investiga, recita e debate sobre os testemuños dos soldados que loitaron durante eses terribles días; fan súas as vivencias dos veteranos e os mortos.
Mentres, o filme muta, adáptase e constrúe a través da súa mirada: unha nova xeración que se abre ao diálogo e revisa criticamente a escola e a memoria histórica dun país en permanente polarización.