WILLIE
Danny Lyon / 1985 / 78 min / EUA
Estrea internacional
Willie é a terceira e última película de Lyon filmada en Bernalillo con Willie Jaramillo. Máis preocupado co destino do seu amigo que en Little Boy e en Llanito, Lyon entra nas prisións e comisarías onde Willie ou os seus amigos de infancia cumpriron condena. Observando e entrevistando a Willie e aos seus irmáns, aos seus compañeiros de prisión, aos alcaides e a calquera no seu círculo de coñecidos, coma se nalgún lugar existise unha pista que explicase os problemas interminables que lle perseguen sen compaixón e que parecen apoderarse da súa sorte.