Enterticket

EXPLICACIÓN DA LUZ II + AulaAGAG Catarina Vasconcelos

Event Header

ENTRADAS

Información

Entradas no disponibles. El evento ha finalizado.

INFORMACIÓN

Event Card
EXPLICACIÓN DA LUZ II + AulaAGAG Catarina Vasconcelos

Explicación da luz, componse de dous programas comisariados pola investigadora, conservadora e xestora cultural luso-española Leonor Lloret (Appleton Associação Cultural). A primeira é unha sesión colectiva e a segunda está adicada á artista Catarina Vasconcelos, de maneira que xeran entre ambas unha revisión poética e sutil do que nos une ás outras e ao mundo, do fogar e do tempo dende múltiples puntos de vista. 


Explicación da casa - Catarina Vasconcelos


O cinema de Catarina deambula entre a percepción dos pequenos detalles e a enormidade do mundo que os acolle.  A través das súas imaxes reencontramos a poética esencial da composición do universo somerxido das emocións, nunha toma de conciencia, a través de relacións empáticas, de sentimentos comúns. E se recoñecemos a Tarkovsky ou a Bergman, redescubrimos a lectura continuada desa carta que unha parte substancial do cine portugués tamén ten escrito ao Tempo e que Catarina retoma nunha pausa discursiva e reflexiva, ofrecéndonos o fluxo da respiración, como quen pinta un cadro. A cada pincelada reconciliámonos co mundo. Non é casualidade que nas súas películas Catarina revisite a pintura como elemento segredo e revelador dunha conciencia espiritual que nos prolonga nun diálogo que se produce a través das imaxes.


O que non dixemos revélase agora - a arte ten este poder, o cinema esta sinceridade: a do encontro das nosas paixóns na amplitude do Eu, nun espazo absoluto e real, liberándonos. Con Catarina recuperamos o tempo da pneuma e do tonos, o tempo do Tempo. O tempo da mirada.

 

Catarina Vasconcelos

Catarina Vasconcelos naceu en Lisboa en 1986. Licenciouse na Faculdade de Belas Artes de Lisboa, tras do que realizou un postgrado en Antropoloxía Visual no ISCTE-IUL. Fixo o seu mestrado no Royal College of Art, Londres, Reino Unido, onde o seu proxecto final foi a súa primeira curtametraxe Metáfora ou a Tristeza Virada do Avesso (2014). A película estreouse no festival Cinema du Réel de París, onde recibiu o premio á mellor curtametraxe. Metáfora ou a tristeza ao revés estivo en varios festivais, entre eles o RIDM - Festival Internacional de Documentais de Montreal (premio á mellor mediometraxe internacional), DokLeipzig, o Festival Internacional de Cine de Moscú e Doclisboa. A súa primeira longametraxe documental, A Metamorfose dos Pássaros, estreouse mundialmente na nova sección competitiva, Encontros, da 70ª Berlinale en febreiro de 2020, onde obtivo o premio FIPRESCI da Federación Internacional de Críticos de Cine. Tras a súa estrea, a película formou parte das seccións competitivas de varios festivais e ten recibido, entre outros, o premio á mellor película da sección Zabaltegi-Tabakalera no Festival de Cine de San Sebastina-Donostia ou o premio á mellor película no Kino pavasaris, Lituania. Nestes momentos Catarina Vasconcelos está preparando a súa primeira longametraxe de ficción, Unfinished Painting, seleccionado para o Script Lab do Festival de Cine de Turín.

Metáfora ou tristeza virada do avesso  

DV e Super-8 | son | cor | 32’ | 2014 


A correspondencia entre un irmán e unha irmá, en pleno aniversario da morte da nai, lévaos nunha viaxe ao pasado, para comprender o tempo en que a nai vivía e como era o seu país, Portugal, na década de 1970, cando ocorreu unha revolución. Mesturando unha historia familiar coa historia de Portugal, este filme é unha loita contra o esquecemento.

Másterclass Catarina Vasconcelos. Explicação das ondas // Explicación das ondas

A través da vulnerabilidad da mirada, Catarina Vasconcelos disponse a aprender os días e as estacións nun intento extraordinario de entender "o que non se explica". "Penso que, talvez, dalgún xeito, esa é a razón pola que facemos películas". 

É a través do movemento das ondas que Catarina se propón reflexionar sobre dous momentos de pérdida familiar e, simultaneamente, de encontro persoal coa memoria, co tempo e o espazo. Metamorfose dos Pássaros, a súa primeira longametraxe recentemente estreada, e Metáfora ou Tristeza virada do Avesso, a curta que veremos na sesión Explicação da casa // Explicación da casa, son o punto de partida  para esta sesión de masterclass na cal conversaremos coa realizadora, aceptando a súa invitación para divagar entre pinturas, música e todas esas pequenas cousas extraordinarias que nos fan aprender, á flor de pel, aquilo que non se explica. "Sen embargo, non conseguimos deixar de tentalo”.

Fundación Luis Seoane
29 oct 2021
ProvinciaA Coruña
Recinto
Fundación Luis Seoane
DirecciónRúa San Francisco, 27, 15001 A Coruña, España
Horario
HorarioApertura 18:10 h - Inicio 18:30 h

OTROS EVENTOS