Enterticket

NOMADICA: O CORPO LATENTE

Event Header

ENTRADAS

Información

Entradas no disponibles. El evento ha finalizado.

INFORMACIÓN

Event Card
NOMADICA: O CORPO LATENTE

PROGRAMA

SOLE IN MANO (O APPROPRIAZIONE, A PROPRIA AZIONE, AZIONE PROPRIA)

Marinella Pirelli, Italia, 1973, 16mm, 6 min.

No único filme en branco e negro de Marinella, a man da autora substitúe o obturador da cámara, dando lugar a fortes contrastes e claroscuros. Baseado na estreita relación ollo-corpo-persoa, Sole in mano é un xogo de xestos mínimos que dirixe a súa atención á insistencia da visión. A cámara enfoca un horizonte mentres a man da cineasta, xunto co ollo, tenta aferrar a materia da que se compón a luz. O sol faise punto, círculo, esfera: forma total e obsesiva.

DOPPIO AUTORITRATTO

Marinella Pirelli, Italia, 1974, 16mm, 12 min.

“Nesta película graveime a min mesma. Son simultaneamente actriz e operadora de cámara. Nas secuencias de movemento desprázome coa cámara dada a volta na man. Ninguén controlaba as imaxes que a cámara captaba durante a filmación. A cámara era a miña única compañeira: agora serédelo vós”. (Marinella Pirelli, xaneiro de 1974)

EXTREMITY N 2

Gianfranco Brebbia, Italia, 1968, 8mm a vídeo HD, 20 min.

Experimentos fílmicos-incandescencia, filtrar o sol-filmar, a través da abertura dun proxector en funcionamento, sólidos xeométricos xiratorios e raios de cores que se reflicten.

NELDA

Piero Bargellini, Italia, 1969, 16mm a vídeo, 5 min.

“Un retrato dunha amiga, Nelda. Unha película exposta e revelada nun continuo de espontaneidade, un acto de amor. Percibo a Nelda: muller-materia-enerxía, a súa Unidade... Exclamo: oh! A consciencia de ser o presente escindido, oh! A presenza tornada fracción biocósmica na escintilación da marabilla, oh acendeuse unha lámpada, as vibracións que axitan o meu ser, oh a sacudida a pulsación... oh a modulación dos latexos do meu corazón órgano musical, oh! Son feliz! Perdín o corpo amándoo... A técnica de revelado deriva da explorada en Trasferimento di modulazione, que aquí é afinada, aplicada cunha consciencia científica responsable, é dicir, experimental”. (Piero Bargellini)

TRASFERIMENTO DI MODULAZIONE

Piero Bargellini, Italia, 1969, 16mm panortocromatico, 9 min.

Bargellini refilma en 16mm unha película pornográfica en 8mm.

“Imaxe latente é aquela que está pero non se ve. Contén o halo, a membrana de cores do iris. Hai un momento, na fase de revelado do branco e negro, no que a imaxe latente se revela para a continuación esvaecer. Se te detés nese preciso momento, podes fixar a imaxe latente antes de que esvaeza. En Trasferimento di modulazione fixei o halo, e quen ve a película, en branco e negro, ve perfectamente os amarelos, os azuis e os brancos case bioeléctricos. Adóitase dicir que a alma da imaxe é o negativo, que obtemos cando a imaxe nace, vén á luz. Pero a alma da imaxe é a imaxe latente, que aparece antes cá imaxe negativa, no momento xusto no que impresionas a película, no momento que a expós á luz. Esa é a primeira aparencia do fotograma”. (Piero Bargellini)


SALA (S8) PALEXCO
04 jun 2021
Recinto
SALA (S8) PALEXCO
DirecciónPeirao de Transatlánticos, s/n, 15003 A Coruña
Horario
HorarioApertura 20:00 h - Inicio 20:30 h
Organiza
Público

OTROS EVENTOS