Enterticket

Rock no Alboio

Event Header

ENTRADAS

Información

Entradas no disponibles. El evento ha finalizado.

INFORMACIÓN

Event Card
Rock no Alboio
Viño, Terruño e Rockandroll!

Rock no Alboio é unha xornada para palatear bo rock and roll no contexto da vendima nun territorio famoso polos seus viños Albariños e Condados. Nesta primeira edición queremos realizar unha aposta por visibilizar o traballo dos pequenos produtores locais, que realizan un traballo único coa representación dun total de seis adegas.

O evento terá lugar nas instalacións da Adega Corisca, en Baldráns (Tui) e nel contarase coa presencia dos responsables das adegas, que servirán e comentarán as peculiaridades  dos seus Albariños, Condados e Tintos, así como unha proposta gastronómica de proximidade e, por suposto, rock and roll.

Cartel:
  • 13.00 h Family Folks
  • 16.00 h The Lelli Kelly´s
  • 18.00 h The Bo Derek´s
Para completar a oferta teremos sesión Dj e algunha sorpresa máis.

Un pequeno festival para disfrutar dos viños do noso territorio, coñecer aos produtores e as suas propostas, bailar ao son de tres bandas moi divertidas e sentir o terruño desta parte da D.O. Rias Baixas.

Adegas convidadas:
Corisca
La Val
Pazo Pegullal
María Bargiela
Angel Sequeiros
The Bargiela Bienati Winery

Prezos das copas durante o evento: 2€
Será posible adquirir botellas durante o evento.
Pazo da Crega, Barro
16 oct 2021
ProvinciaPontevedra
Recinto
Pazo da Crega, Barro
DirecciónLugar Canai, 1, 36194 Barro, Pontevedra, España

OTROS EVENTOS