SÉS + Al Ázar | Festival MARÉ 2024
ENTRADAS
INFORMACIÓN
COMPARTE ESTE EVENTO
SÉS + Al Ázar | Festival MARÉ 2024
Coma parte do festival MARÉ, que volve a Compostela do 25 ao 29 de setembro, unha das artistas de referencia do panorama galego, SÉS, actuará en formato trío cun concerto previo da cantautora palestina Haya Zaatry.
Como clásico xa da escena musical, a prolífera obra de SÉS segue a ter plena presenza despois de 13 anos de actividade e 8 discos, grazas á súa excepcional capacidade artística e ao seu carisma e forza no escenario. A estética ecléctica que a caracteriza, que combina influencias tradicionais propias cos múltiples e diversos estilos dos que se foi nutrindo (canción de autora, folclor latinoamericano, rock&roll…) supedítase á expresividade literaria das cancións. Nas súas letras codifícanse tanto aspectos vitais da artista como reflexións de carácter social e político.
A carga filosófica da súa escritura non é máis que o reflexo dunha personalidade inquieta e de mente brillante que actúa como cronista do seu contexto sen fuxir de evidenciar a cara máis inxusta deste. Se o silencio impera, coa súa potente voz desestabiliza o conformismo e a indolencia xeralizada, algo tan necesario como escaso, que o seu público reclama e avala co seu numeroso apoio e fidelidade. Desta vez, en formato trío, estará acompañada por Sabela Galbán (voz, acordeón, frauta e percusións) e Tito Calviño (guitarra).
Coma concerto previo, actuará Al Ázar, un trío que fusiona as influencias musicais da palestina Rawan, o boliviano El Zuri e o alemán Tony. Inicialmente reuníronse para apoiar a Rawan en eventos benéficos despois dos eventos acontecidos en Palestina en outubro de 2023.
No 2024 decidiron crear Al Ázar, comezando cun proceso de experimentación e creación sonora propias, presentando o folclore árabe e palestino dun xeito contemporáneo, engadíndolle a este as súas diversas identidades.
Al Ázar cre no rol da tradición e o folclore palestino e na documentación da historia, polo que busca revivila cun xiro moderno. Ademais de reimaxinar a tradición musical, Al Ázar amosa composicións propias, ofrecendo así unha perspectiva fresca e persoal..
Agardamos por vós o vindeiro xoves 26 de setembro no Teatro Principal.
Páxina web: mare.gal
Facebook: @mare.compostela
Instagram: @mare_compostela
Playlist Spotify
Canle de Youtube
Calquera dúbida ou cuestión en relacións coas entradas podedes poñervos en contacto con nós a través do mail mare@mare.gal
Festival adherido ao Programa Carné Xove. Desconto do 10% para beneficiarios/as.
CÓDIGO PROMOCIONAL: CULTURAXOVE
Deberá presentarse o carné obrigatoriamente o propio día do concerto no control de accesos.
Teatro Principal
26 sept 2024
Santiago de Compostela
Recinto
Teatro Principal
Rúa Nova, 21, 15705 Santiago de Compostela, A Coruña, España
Horario
Apertura 18:30 h - Inicio 19:00 h (GMT+2)
OTROS EVENTOS
En este momento no hay otros eventos relacionados. Visita nuestra página de inicio para buscar más eventos.
Ir a Inicio