Enterticket

SINAIS EN CURTO

Event Header

ENTRADAS

Información

Entradas no disponibles. El evento ha finalizado.

INFORMACIÓN

Event Card
SINAIS EN CURTO

Galicia nunca remata: este é o pensamento que suscita a necesidade de escoller, cada ano, o conxunto de pezas que integran a selección de Sinais en curto, pois semella que non hai diques secos na creación audiovisual galega. É especialmente interesante observar a aliñación deste ano á luz dos recentes acontecementos que sacudiron o mundo. Atopámonos así cunha manchea de películas que examinan de moi diversas maneiras cuestións que nos últimos meses foron centrais nas nosas vidas, precisamente por teren sido postas en xaque. Dun ou doutro xeito, as pezas que nos acompañan este ano falan dos espazos exteriores e interiores (nun sentido máis directo ou oblicuo, segundo o caso), así como da colectividade e mailo illamento.

BLANCO Y FUCSIA | Marta Valverde, España, 2020, vídeo HD, 11 min.

Chego á casa do meu traballo mal pagado. Outra vez tarde. Abro a neveira e lembro que non só non puiden preparar un tupper para hoxe senón que nin sequera tiven tempo de ir á compra. É fin de mes e non me podo permitir comer fóra. Miro con luxuria os andeis dos meus compañeiros de piso, mais non vexo nada que roubar sen que se dean conta. Acabo por cocer pasta con pesto e levar o prato ao meu cuarto. A parede chea de pósters, fotografías e debuxos é unha ventá. Pecho os ollos, xa non estou aí, estou en calquera outro tempo, en calquera outra parte.

RATATOUILLE | Sol Mussa, España, 2020, vídeo HD, 15 min.

Ambientado e filmado na cociña dun restaurante, esta curta amosa o entorno de traballo no sector da hostalería, chamando a atención sobre os aspectos menos agradables e as tarefas diarias máis duras. Todo o que se retrata na película, incluídos os traballadores (todos inmigrantes), reflexa as condicións laborais actuais nun Londres no que non se pousan as miradas.

AUGAS ABISAIS | Xacio Baño, España, 2020, vídeo HD, 25 min. Unha luz acéndese. Son escorregadizos e difíciles de ver. Habitan onde nada é. Alá. No fondo.

TENGAN CUIDADO AHÍ AFUERA | Alberto Gracia, España, 2021, vídeo HD, 24 min.

Un búnker négase a desaparecer no esquecemento. Os seus ecos chegan ata Pamplona, ao mundo residual, previsible e automatizado de Cosme, onde un dos seus empregados entra en pánico e foxe queimando roda, como se unha besta o estivese a perseguir (algo que parece repetirse cada certo tempo). Un deus excesivo convídanos a bailar; o seu lema <> loce na pantalla e sedúcenos para que vaiamos con el a unha perigosa festa aí fóra.

OS CORPOS | Eloy Domínguez Serén, España, 2020, vídeo HD, 11 min.

En Galicia, a rexión máis noroccidental de España, celébrase cada ano unha das formas máis antigas de entroido. Esparexidos ao longo de varios días teñen lugar desfiles con felos e peliqueiros, personaxes ataviados con vestimentas espectaculares, que inclúen unha rechamante máscara e mais un cinto con chocas. Outra tradición é a farrapada, na que os participantes se guindan trapos cubertos de barro. Tamén hai unha pelexa na que se botan fariña e formigas sobre os participantes, mentres unha enorme formiga modelo se eleva por riba da multitude.


SALA (S8) PALEXCO
06 jun 2021
Recinto
SALA (S8) PALEXCO
DirecciónPeirao de Transatlánticos, s/n, 15003 A Coruña
Horario
HorarioApertura 19:00 h - Inicio 19:30 h

OTROS EVENTOS