Sinsal 2022: San Antón Acústico | Sábado 23

today Del 23 al 25 de julio de 2022

today Del 23 al 25 de julio de 2022
place Isla de San Simón - Illa de San Simón, Pontevedra, España

today Sinsal 2022: San Antón Acústico | Sábado 23

Sinsalaudio recupera neste Sinsal SON Estrella Galicia 2022 o escenario da emblemática illa de San Antón para ofrecer unha serie de microconcertos singulares de música clásica. As actuacións de 'San Antón Acústico' serán moi especiais e exclusivas, con dúas agrupacións galegas que se incorporan ao cartel de Sinsal pero que unicamente ofrecerán directos neste formato. Cada xornada contará cun grupo diferente e cada pase terá unha capacidade limitada.

Os microconcertos terán lugar en horario de tarde. O sábado 23 haberá, desde as 16.00 e até as 17.30 horas, seis pases (nove minutos cada un). A capacidade máxima por concerto será de 20 persoas, polo que che recomendamos que merques con antelación a túa entrada en para poder garantir a túa asistencia. Mais se prefires esperar a chegar á San Simón, e se aínda quedan billetes, poderás mercar a túa entrada no posto de Administración. 

* Lembra que para poder acceder a estes concertos é imprescindible que contes con abono Sinsal 2022 ou entrada do día 23.

info Entradas no disponibles (el evento finalizó el 25/07/2022)
closeUtilizamos cookies propias y de terceros para ofrecerte un mejor servicio. Si continúas navegando, consideramos que aceptas su uso. Puedes obtener más información en nuestra política de cookies.