Enterticket

Rodrigo Cuevas | Sinsal Litoral

Event Header

ENTRADAS

Información

Entradas no disponibles. El evento ha finalizado.

INFORMACIÓN

Event Card
Rodrigo Cuevas | Sinsal Litoral

RODRIGO CUEVAS | SINSAL LITORAL SON ESTRELLA GALICIA 2020


Sinsalaudio explora novos escenarios en 2020 co festival  Sinsal Litoral SON Estrella Galicia, do mércores 22 ao domingo 26 de xullo. Música, si, pero tamén andainas polo patrimonio industrial e natural, poesía e cinema e unha xornada dedicada á economía circular forman parte do festival. O asturiano Rodrigo Cuevas será o encargado de abrir co concerto no castelo de Soutomaior o mércores 22 de xullo. Serán cinco xornadas, cada día nun espazo diferente, coa banda sonora ao vivo de Laura LaMontagne & PicoAmperio, Los Hermanos Cubero, Modulador de Ondas e Trilitrate. 


Encontros de pequeno formato ao redor da música, do patrimonio natural e industrial, coas xentes que os habitan e, en todos eles, o mar de preto. Sinsal Litoral SON Estrella Galicia quere ser un espazo de reflexión sobre os retos da cultura na Axenda 2030 e con actividades paralelas pola divulgación do noso patrimonio industrial e natural, construíndo unha programación cálida, de proximidade, proporcionando confianza, seguridade e atractivo para o público. É Sinsal Litoral un festival de pequenos foros, non só como manda o sentido común  neste momento que vivimos, senón como é tamén marca da casa.


Sinsal Litoral conta coa complicidade e apoio de SON Estrella Galicia, patrocinador principal do festival. Ademais, cos patrocinadores institucionais: Xacobeo 2021, Agadic, Deputación de Pontevedra, Turismo Rías Baixas e Concello de Redondela. Colaboran Fundación Paideia, Gadis, Chef Maestro, Cosferla. Participan no programa Amarturmar, Vigo Pesqueiro-Fundamar, Astilleros Cardama, Mosteiro de Oia.



21:30. Concerto: Rodrigo Cuevas

Castelo de Soutomaior. Escenario Turismo Rías Baixas

Cantante, compositor, acordeonista e percusionista, Rodrigo Cuevas (Oviedo, 1985) defínese como un axitador folclórico e como parte do movemento “sexyfolk”. Ao festival Sinsal Litoral chega con “Trópico de Covadonga”, o seu terceiro espectáculo escénico, que comezou a xirar en 2019. Axitación folclórica e electrónica, divismo de campo e humor, erotismo elegante, hedonismo, celebración dos dereitos innegociables, fermosas coreografías contemporáneas. Neste proxecto, participa Raül Refree na produción musical, coescritura e arranxos da maioría dos temas, cómplice tamén no último disco do asturiano “Manual de cortejo”. Un traballo feito sen presa, para escoitar sen presa, para vivir sen presa. “Hai xiringüelu, hai muiñeira, hai habaneras, hai cancións de cesteiros; hai textos que falan do pasado, do futuro, do importante e do prescindible”, di o artista. Curioso, investigador, amante do espectáculo, Cuevas fai unha radiografía sonora do que para el é Asturias, Galicia “ou cada un dos lugares cuxa música tradicional me conmove”. E faino coa intención de seducir o público; un pracer absoluto contar coa estrela asturiana para a xornada de apertura de Sinsal Litoral.

Prezo: 15 euros

O acceso dos menores de 3 anos (inclusive), compartindo cadeira, será de balde.



Normas de seguridade sanitaria SINSAL LITORAL SON ESTRELLA GALICIA:

1. Cando debo usar a máscara?

Na ringleira de acceso, no acceso á cadeira, no desaloxo e en calquera outra situación na que abandones a cadeira como ir ao baño ou ir buscar unha bebida. Só podes retirala cando esteas sentado na cadeira.

2. Protocolo de acceso e desaloxo

- No acceso: as cadeiras serán ocupadas por orde de chegada, completando o aforo desde a primeira ringleira até a última. No desaloxo: a orde de saída será á inversa; empezando pola última ringleira. Respectade as distancias con aquelas persoas que non son as vosas acompañantes.

3. Para pedir unha consumición naqueles concertos que dispoñan deste servizo: uso obrigatorio de máscara no acceso á barra e non consumir de pé, só sentado na cadeira.

Agradecémosvos a vosa colaboración nestas medidas para a seguridade de todas e todos.

Castelo de Soutomaior
22 jul 2020
ProvinciaPontevedra
Recinto
Castelo de Soutomaior
DirecciónRúa do Rial, s/n, 36691, Pontevedra, España
Horario
HorarioApertura 21:00 h - Inicio 21:30 h
Organiza
Público

OTROS EVENTOS