today Sinsal Museo do Mar 2021
SINSAL MUSEO DO MAR 2021
Sinsalaudio propón para este mes de novembro Sinsal Museo do Mar 2021, un evento de tres xornadas de concertos nos que convivirán as propostas de formato tradicional con outras máis conectadas coa vangarda.
Tras o concerto de presentación de Luísa Sobral (13 de novembro), Sinsal propón o sábado 20 e o domingo 21 unha fin de semana de concertos en Vigo nos que o público poderá gozar de propostas musicais dunha ampla e selecta diversidade estilística. O cartel contará con bandas e artistas pouco habituais no ecosistema das salas de concertos ou festivais de Galicia.
Sábado 20 (17.15 - 22.00)
- Adrian Timms
- rebe
- Marco Maril
- Verde Prato
- Nacho·Faia·Lar
Domingo 21 (13.00-14.00)
A entrada de cada concerto será de 8 euros, agás para as menores de 12 anos (3 euros) e aquelas entre 0 e 3 anos, cuxa entrada será gratuíta. Tamén existe a posibilidade de adquirir un bono para o sábado 20 e gozar de cinco concertos de
Sinsal Museo do Mar por só 25 euros. O número de bonos é limitado!
O ciclo conta co apoio da Xunta de Galicia a través do Xacobeo 21-22. Para máis información podes visitar https://festival.sins.al/gl
info Entradas no disponibles (el evento finalizó el 21/11/2021)