Sinsal Outono Vigo 2021

today Del 29 de octubre al 2 de noviembre de 2021

today Del 29 de octubre al 2 de noviembre de 2021
place MARCO Vigo - Rúa do Príncipe, 54, 36202 Vigo, Pontevedra, España

today Sinsal Outono Vigo 2021

SINSAL OUTONO 2021


Sinsal Outono é un ciclo de concertos vinculados á experimentación sonora, á vangarda e á creación contemporánea nas súas múltiples expresións. Impulsado pola promotora viguesa Sinsalaudio (responsable do Festival Sinsal e do comisariado de Posidonia SON Estrella Galicia), Sinsal Outono desenvólvese, coa colaboración do Concello de Vigo, en espazos singulares do municipio e vinculados á innovación e produción contemporánea: o Museo de Arte Contemporáneo de Vigo, o MARCO, ao que Sinsalaudio regresa logo duns anos de ausencia, e o Conservatorio Superior de Música da localidade.

Rafael Yebra, Pedro Gonzalez, Marta Verde, José Vendetti, Henrique Portovedo, Juanma Lodo e Acacia Ojea conforman o cartel do Sinsal Outono 2021, que se celebrará entre os días 29 outubro e 2 de novembro. Serán catro xornadas experienciais, nas que aos habituais concertos se incorporan propostas con artes visuais e conferencias grazas tamén ao apoio do Instituto Camões.


PROGRAMACIÓN

29 de outubro, 12.00 horas | CSM de Vigco

Perspectivas multimedia na música de nova creación. Charla aberta co violinista e músico electrónico Pedro González.



31 de outubro, a partir das 19.30 horas · MARCO de Vigo · 12€

Plasma, de Multiplensemble: Rafael Yebra (saxofón) e Pedro González (violín + electrónica)

• Plastic air, de Igor Silva. Dúo flexible, electronica e vídeo.

• Weapon of choice, de Alexander Schubert. Violín, sensor, electronica e vídeo

• Livro de Areia, de Ramón Otero. Saxofón tenor, violín, electrónica.

• Rhino, de Panayotis Kokoras. Saxofón barítono e electrónica.

• Plasma, de Pedro González. dúo flexible e electrónica.

OMEN, de Marta Verde & José Venditti.

OMEN é unha performance audiovisual que parte da idea do presaxio ou agoiro (Omen), un fenómeno que en culturas ancestrais facía referencia á chegada dun cambio. Nun momento no que a realidade contextual pon sobre a mesa a idea de futuros incertos, OMEN pretende achegarnos a posibilidade de imaxinar outros mundos posibles a través da abstracción sonora e visual. Marta Verde e José Venditt traballan cos lindes da melodía e do ruído, harmonía e tensión, repetición e aleatoriedade, nun exercicio entre composición libre e improvisación. No directo acompáñanse dun set conformado por sintetizadores modulares (de son e vídeo), luz, saxofón, obxectos percutivos e procesamento dixital.


1 de novembro, a partir das 19.00 horas · MARCO de Vigo · 12€

Horizontes múltiplos, de Henrique Portovedo.

• Collapse, de Pierre Jodlowski (saxofón soprano, eletrónica e vídeo).

• Somnambulicq, de Alexander Khubeev (saxofón alto, electrónica e vídeo).

• NUMB, de Igor Silva (saxofón barítono, electrónica).

• Dimensions of Singularity II, de Hugo Vasco Reis (saxofón alto e electrónica).

Nexø, de Dead Line (Juanma LoDo e Akazie). Nexø, que nace do termo ‘nøkke’ (espíritu da auga) e ‘sæ' (mar), é a unión de dous xeitos de escoitar e ver o mundo. As texturas sonoras e visuais do mar inspiran un proxecto de exploración e creación desta peza audiovisual realizada en directo e que é resultado dunha investigación conxunta. A través das ondas mariñas e sonoras, descubriremos paisaxes e ritmos que nos levarán a lugares coñecidos, nos que os recordos esvaecen e os esquecementos retornan como as ondas do mar no seu continuo ir e vir no que chocan, suman, restan... sempre en continua transformación.

2 de novembro, 16.00 horas | CSM de Vigo

Do acústico ao HASGS. Presentación do Hybrid Saxophone of Gestural Symbiosis. Música contemporánea portuguesa e electrónica. Charla aberta co saxofonista Henrique Portovedo.

info Entradas no disponibles (el evento finalizó el 02/11/2021)
closeUtilizamos cookies propias y de terceros para ofrecerte un mejor servicio. Si continúas navegando, consideramos que aceptas su uso. Puedes obtener más información en nuestra política de cookies.