Enterticket

Sinsal Primavera 2024

Event Header

ENTRADAS

Cargando

INFORMACIÓN

Event Card
Sinsal Primavera 2024

Sinsal Primavera 2024, o evento especializado en música de vangarda, cuxo comisariado recae na promotora viguesa Sinsalaudio -responsable do festival Sinsal SON Estrella Galicia-, terá lugar nos meses de abril e maio. A cita contará cunha tríade de iniciativas musicais fiadas pola diversidade estilística e da orixe das artistas. Deafkids, Kristin Hersh e Julius Gabriel conformarán o cartel desta edición.

Para máis información, podes visitar https://festival.sins.al/gl 


Sala Radar. Venres 5 de abril, 21.30 horas (apertura de portas 21.00 horas)
Deafkids (Brasil)
Entradas: 10 euros + gastos de xestión

Nada en 2010 na cidade industrial de Volta Reonda (Río de Janeiro), Deafkids propón explorar a través da música diferentes vías que avancen cara á “desprogramación sónica da mente”, e achegen visións do mundo completamente diferentes, complementarias e opostas. A unión da banda -ao inicio formada polo prolífico Douglas Leal- e o seu traslado conxunto a Sao Paulo deu pé a abrir o espectro estilístico da mesma, que transita entre o heavy metal, o noise rock, a pshicodelia, o jazz espiritual, o hardcore punk ou mesmo a música africana, entre outras, pois todos os xéneros son benvidos para Deafkids á hora de experimentar coa expresión musical. 


MARCO. Venres 19 de abril, 20.30 horas (apertura de portas ás 20.15 horas)

Kristin Hersh (Estados Unidos)
Entradas: 15 euros + gastos de xestión


Unha das figuras máis relevantes da escena alternativa norteamericana chega ao Sinsal Primavera no marco da súa xira europea, na que presenta o seu último álbum, Clear Pond Road (Fire Records, 2023), un disco que que propón un auténtico road trip a través de historias persoais da cantante e guitarrista de Atlanta. Kristin Hersh é un dos nomes clave do underground estadounidense, tanto pola súa carreira en solitario (con máis de dez traballos discográficos asinados por ela) como por estar ao fronte, nos anos 80, de bandas como Throwing Muses ou 50FootWave. Innovadora do rock, e posuidora dunha voz única -que viaxa entre a suavidade do melódico e até os berros apaixonados-, a súa cita con Vigo, en formato acústico, é de visita obrigada para as e os amantes da música. 



MARCO. Xoves 9 de maio, 20.30 horas (apertura de portas ás 20.15 horas)

Julius Gabriel (Alemania)
Entradas: 10 euros + gastos de xestión


O concerto que pechará a tríade de directos do Sinsal Primavera virá da man do berlinés Julius Gabriel, saxofonista que explora os límites e as complexidades do instrumento, ademais da interacción entre a corporalidade, a acústica, a trascendencia e a hipnose. A súa base musical -labrada en escolas de música públicas, clubes underground e universidades- está fondamente arraigada na improvisación, para a que parte dun amplo espectro ecléctico de xéneros musicais. Como solista ten publicado numerosos traballos discográficos, mais tamén ten sido parte de proxectos corais como Paisiel, Ikizukuri, Das Behälter, Blutiger Jupiter, About Angels and Animals, The Dorf ou Barry Guy Blue Shorud Band. Será a primeira actuación en Galicia de Julius Gabriel, un directo que se enmarca na súa xira internacional Tales from the subterranean. 

MARCO Vigo
05 abr - 09 may 2024
ProvinciaPontevedra
Recinto
MARCO Vigo
DirecciónRúa do Príncipe, 54, 36202 Vigo, Pontevedra, España

OTROS EVENTOS