Sinsal Primavera | Enterticket






Sinsal Primavera

today Del 19 al 20 de mayo de 2023

today Del 19 al 20 de mayo de 2023
place MARCO Vigo - Rúa do Príncipe, 54, 36202 Vigo, Pontevedra, España

today Sinsal Primavera

Sinsal Primavera é un evento promovido por Sinsalaudio (Festival Sinsal SON Estrella Galicia) vinculado á experimentación e á creación contemporánea, de difícil clasificación e, por tanto, pouco habituais na programación dirixida ao público xeral. 


Sinsal Primavera 2023 terá lugar na fin de semana do venres 19 e sábado 20 de maio. O evento propón un programa conformado por cinco proxectos de vangarda, de e liderados por mulleres, chegadas de distintos puntos da Península Ibérica, Suíza e Turquía.

Asi, Angélica Salvi, Ece Canli, Superorganismus -proxecto musical de Tramontana e Luz González-, Ivankovà e Ana Lúa Caiano conforman o cartel desta edición, que se celebrará os días 19 e 20 de maio no MARCO de Vigo. Como novidade, ademais, este ano a programación estenderase a unha das principais recintos de música ao vivo da cidade, a Sala Radar, que acollerá o concerto da portuguesa Ana Lúa Caiano na noite do sábado 20. 


Sinsal Primavera 2023 conta coa colaboración principal do Concello de Vigo e co apoio do MARCO de Vigo, Instituto Camões e Sala Radar.

Prezos:

- Cada xornada no MARCO: 15 euros (de balde para menores de 10 anos). A entrada do MARCO permite acceder de balde ao concerto da Sala Radar.

- Sala Radar: 8 euros (10 euros na billeteira).


Venres 19 | MARCO de Vigo
20.15 horas: Apertura de portas
20.30 horas: Angélica Salvi
21.30 horas: Ece Canli

Sábado 20 | MARCO de Vigo
20.15 horas: Apertura de portas
20.30 horas: Superorganismus
21.30 horas: Ivankovà

Sábado 20 | Sala Radar
22.30 horas: Apertura de portas
23.00 horas: Ana Lúa Caiano
info Entradas no disponibles (el evento finalizó el 20/05/2023)

date_range Próximos eventos de Sin Sal

closeUtilizamos cookies propias y de terceros para ofrecerte un mejor servicio. Si continúas navegando, consideramos que aceptas su uso. Puedes obtener más información en nuestra política de cookies.