Enterticket

SOUTULLO: SENDA PARA UN CENTENARIO

Event Header

ENTRADAS

Información

Entradas no disponibles. El evento ha finalizado.

INFORMACIÓN

Event Card
SOUTULLO: SENDA PARA UN CENTENARIO

PRÓLOGO A SOUTULLO

SENDA PARA UN CENTENARIO


O 18 de xaneiro de 1924 estreouse La leyenda del beso, unha das zarzuelas máis importantes e recoñecidas do mestre Reveriano Soutullo. Esta colaboración ou tandem con Juan Vert, supuxo a consagración do artista a nivel estatal, gañando o seu merecido espazo entre os principais zarzuelistas da súa época.


Con motivo do seu centenario, dende a Orquesta Clásica de Vigo queremos celebrar a importancia dun dos compositores máis importantes da historia de Galicia —nacido en Ponteareas — que levou o nome de Vigo por toda España. Formado en Madrid, no ano 1907 foi becado polo Concello de Vigo para perfeccionar os seus estudos realizando unha viaxe artística por Europa.


Artista único que ademais foi un dos impulsores da Banda Municipal de Música de Vigo grazas a esa ponte que conformaba con Eduardo e Manrique Villanueva, donos da histórica tenda de música da cidade. Xuntos conseguiron traer ao prestixioso director Mónico García de la Parra e facer da nosa cidade un referente estatal a nivel musical.


Esta programación é un recoñecemento a unha figura fundamental da nosa historia a través da cal queremos poñer en valor os principais aspectos que definen o seu éxito: os arranxos, a música para pianola, a súa importancia como compositor de zarzuelas, as primeiras gravacións gramofónicas que permitiron o seu éxito e a música composta para piano que nos permitirá coñecer a vida e a obra do compositor, para rematar cun concerto da Orquesta Clásica de Vigo. 


Unha década despois da súa estrea, La leyenda del beso convertíase na banda sonora dos vigueses e viguesas grazas á sintonía de Radio Vigo (1934), pechando ese círculo de importancia absoluta deste compositor para a nosa cidade.


Grazas mestre.


ACTIVIDADES, DATAS E ESPAZOS: 

Soutullo e a pianola, por Jordi Roquer

Venres 26 de xaneiro ás 19:00h

Auditorio Municipal do Concello de Vigo


A consagración de Soutullo como compositor de zarzuelas. De Amores de aldea (1915) a La leyenda del beso (1924), por Javier Jurado

Xoves 1 de febreiro ás 20:00h

Edificio Redeiras da Universidade de Vigo (Rúa da Ribeira do Berbés, 11)


As primeiras gravacións de Soutullo. Escoita comentada, por Xaime Estévez

Xoves 8 de febreiro ás 20:00h

Biblioteca da EMAO (Acceso por por R/ García Barbón)


A música de piano na obra de Soutullo, por Alejo Amoedo

Mércores 14 de febreiro ás 20:00h

Auditorio da EMAO (Acceso por por R/ Pontevedra)


SOUTULLO: O centenario dun mestre da zarzuela

Concerto da Orquesta Clásica de Vigo

Xoves 15 de febreiro ás 20:30h

Auditorio do Teatro Afundación de Vigo

Auditorio Municipal do Concello de Vigo
26 ene - 14 feb 2024
ProvinciaPontevedra
Recinto
Auditorio Municipal do Concello de Vigo
DirecciónPraza do Rei, Vigo, 36202 Vigo, Pontevedra, España

OTROS EVENTOS