Todos os domingos, Sumrrá nas Crechas!
Bueno, neste mes de maio... case todos!
Pero ten remedio: acolleremos a músicos ben coñecidos na cidade, baixo recomendación do noso trío residente.
Domingo 1 de maio | SUMRRÁ recomenda... Alejandro Vargas
Concerto para piano solo, sintetizadores e cacharrada... A través das miñas composicións propoño unha viaxe sonora coas ferramentas sonoras electrónicas, o jazz e a improvisación libre.
Domingo 29 de maio | SUMRRÁ recomenda... Pablo Seoane
Piano solo. Improvisacións arredor de cinco breves pezas (ou cinco maneiras de achegarse ao mesmo couto), parte e proba dun proxecto en construción chamado Vala.
Máis info: www.sumrra.com