Enterticket

Tanxugueiras | Fin de Xira Contrapunto

Event Header

ENTRADAS

Información

Entradas no disponibles. El evento ha finalizado.

INFORMACIÓN

Event Card
Tanxugueiras | Fin de Xira Contrapunto

A Xira Contapunto chega ao seu fin! O 28 de novembro o Pazo da Cultura de Pontevedra acollerá un concerto especial de Tanxugueiras: o peche da xira de presentación do seu segundo álbum, Contrapunto, xusto dous anos depois do inicio da mesma.

Temas como Desposorio, O querer, Perfidia ou Malquerenza soarán neste concerto, mais desta vez as cantareiras estarán acompañadas por grandes voces e instrumentistas da escena galega. Na actuación, ademais, tamén soarán algúns dos seus novo temas, como Midas ou Figa. 

Será un concerto único, a última ocasión para escoitar as Tanxugueiras ao vivo no 2021. Será unha tarde moi especial que porá o ramo a dous anos de intensa actividade sobre os escenarios. Esperámoste no Culturgal!


CONDICIÓNS ESPECÍFICAS RELATIVAS Á PREVENCIÓN DE CONTAXIOS POR COVID-19: 
As condicións de acceso e permanencia no recinto están suxeitas á normativa vixente en materia sanitaria para previr os contaxios por Covid-19, e poden sofrir modificacións en función da aprobación de novas normas que modifiquen as condicións vixentes no intre de adquisición desta entrada. 
- A organización proporcionará información de obrigado cumprimento polas persoas asistentes namentras permanecen no recinto. En todo caso, o uso da máscara é obrigatorio e terá que estar correctamente colocada en todo momento. - Deberase manter a distancia social.
- É obriga de toda persoa tenedora dunha entrada seguir as normas xerais para a cidadanía previstas para previr contaxios: toda persoa contaxiada ou con síntomas e/ou malestar dalgún tipo está obrigada a non acudir ao evento.
- En caso de adquisición de convites para un grupo de persoas, a persoa adquirinte está obrigada a comunicar a TODAS as persoas para as que adquire entradas, as obrigas relativas á prevención de contaxios por Covid-19 que se recollen neste apartado. Todas as persoas asistentes están suxeitas a estas normas. 
- Toda persoa con síntomas compatíbeis coa enfermidade por Covid-19, ou que tivera contacto estreito con persoa enferma por Covid-19, deberá absterse de acudir ao evento se, antes de acudir, non se acredita que non se atopa infectada. 
- É obrigatorio seguir as normas de comportamento e aquelas que estableza a organización para previr contaxios por Covid-19. O cumprimento destas normas son aplicábeis dende que a persoa accede aos puntos de control de acceso e ata que abandone o recinto. O incumprimento grave das normas pode provocar a expulsión do recinto da persoa infractora e outras consecuencias.

Auditorio do Pazo Da Cultura
28 nov 2021
ProvinciaPontevedra
Recinto
Auditorio do Pazo Da Cultura
DirecciónRúa de Alexandre Bóveda, s/n, 36005 Pontevedra, España
Horario
HorarioApertura 17:30 h - Inicio 18:00 h

OTROS EVENTOS