TANXUGUEIRAS en Mos. Presentación de Contrapunto.

today Viernes, 29 de noviembre de 2019

today Viernes, 29 de noviembre de 2019
access_time Apertura: 20:30h Inicio: 21:30h Cierre: 23:00h
place Sala Rebullón - Av. do Rebullón, 23, 36416, Pontevedra, España

today TANXUGUEIRAS en Mos. Presentación de Contrapunto.

Concerto presentación de 'Contrapunto', novo traballo de Tanxugueiras en Mos (Pontevedra). Venres 29 de novembro ás 21.30h (apertura de portas ás 20.30).




TANXUGUEIRAS

Tanxugueiras incrementa as revolucións do folk galego. Co seu disco de debut, un repertorio escollido para amosar a esencia da tradición, Olaia Maneiro, Sabela Maneiro e Aida Tarrío chegaron a máis de 100 escenarios dentro e fóra das nosas fronteiras. Unha aposta sen corsés enchida de virtuosismo e contundencia que continúa no seu segundo traballo, Contrapunto. Un disco que incide na recuperación da tradición das pandeireteiras e a integran con harmonías de diferentes estilos e situar á música galega en novos escenarios. Tanxugueiras son renovación, reinterpretación e revolución para a tradición musical de Galicia.

Discografía
- Tanxugueiras (2018)
- Contrapunto (2019) 

Recoñecementos
Mellor álbum galego do 2018 - Premios MIN de la Música Independiente
Música tradicional e folk - Premios Martín Códax da Música
Mellores músicas de Galiza 2018 por Que non mo neguen - Certame aRi[t]mar Galiza e Portugal



CONTRAPUNTO. NOVO DISCO

A vida ten dúas caras. Ten momentos contrapostos, que saben ás veces doce e ás veces amargo. Unha dualidade inevitable que equilibran con tento e delicadeza, con forza e carácter, as Tanxugueiras. Sangue novo para revitalizar e actualizar a tradición da música oral do país, unha formación que no seu segundo disco consegue dar unha nova vida e un novo significado as coplas que se cantan dende antigo en Galicia.

Contrapunto é un disco de dez temas siameses, cinco caras e cinco cruces de diferentes momentos da vida narrados a través das letras que as pandereiteiras mantiveron vivas ata hoxe. Palabras con pasado para describir o presente a través de voces destas tres mozas e de sonoridades de diferentes estilos. Unha proposta que expande as posibilidades da música tradicional e a sitúa a base de forza e empoderamento nos mesmos escenarios que estilos como o pop ou o indie.

Toda a información en www.tanxugueiras.com

closeUtilizamos cookies propias y de terceros para ofrecerte un mejor servicio. Si continúas navegando, consideramos que aceptas su uso. Puedes obtener más información en nuestra política de cookies.